Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

ALBANIA CONFIRMA A SÚA PARTICIPACIÓN EN EUROVISION 2016

A televisión pública de Albania (RTSH) confirmou esta mañá a súa participación no vindeiro Festival de Eurovision, a celebrar no mes de maio do 2016 en Estocolmo. O país empregará de novo o tradicional "Festivali i Kënges" para elixir ao seu representante no escenario da capital sueca. O país balcánico debutou no Festival o ano 2004 e clasificouse para a grande final en sete ocasións. Este ano 2015, o país regresou á final por primeira vez dende 2012 grazas á cantante Elhaida Dani e a canción "I´m alive" obtendo o posto 17 con 34 puntos.

O ente público albano aproveitou tamén para anunciar que os días 29 e 30 de setembro terá lugar a recepción de candidaturas para o "Festivali i Kënges", que celebrará a súa edición número 54. 

Recorde a actuación de Elhaida Dani, deseguido:

 

 

 

O "BIG FIVE" E O PAÍS ANFITRIÓN TERÁN MÁIS PRESENZA NAS SEMIFINAIS

Atención! A UER e a televisión pública sueca parecen estar dispostos a facer unha serie de cambios na realización do festival de Eurovision, algo ao que non estamos acostumados. Jon Ola Sand, produtor executivo do Festival anunciou esta mañá que os países que forman parte do "Big Five" (Alemaña, España, Francia, Italia e o Reino Unido) e o país anfitrión (Suecia) terán máis presenza nas semifinais, mostrando un fragmento dos ensaios ademáis do fragmento do videoclip que se emitía ata o de agora. Os seis países continuarán sendo finalistas como ata o de agora. Ola Sand defende este cambio asegurando que os países participantes nas semifinais teñen máis ventaxas posto que a súa actuación ten lugar en dúas ocasións sobre o escenario do festival (na semifinal e na grande final). O productor executivo engade ademáis que este cambio permitirá un "show" de maior calidade.

DOUWE BOB REPRESENTARÁ AOS PAÍSES BAIXOS EN ESTOCOLMO

Os Países Baixos xa teñen representante en Eurovision 2016. Trátase de Douwe Bob, cantante elixido internamente pola televisión pública do país, a AVROTROS. O cantante afirmou estar moi contento de representar ao país no festival e engade que "vai a Estocolmo para gañar". A canción coa que Douwe Bob representará aos Paíes Baixos está sendo preparada e segundo a AVROTROS, será publicada en torno o mes de febreiro.

UCRAÍNA VOLVE A EUROVISION!

A televisión pública de Ucraína, a NTU, confirmou a súa participación no vindeiro Festival de Eurovisión, que terá lugar en Estocolmo. Desta maneira, o país volve ao Festival tras retirarse este ano 2015 debido á inestabilidade pola que atravesaba o país debido aos enfrentamentos políticos con Rusia. 

A televisión pública colaborará cun canle privado para a participación en Estocolmo. Na súa última participación, en 2014, Ucraína foi representado por Maria Yaremchuk e a canción "Tick Tock", coa que obtiveron un fantástico sexto posto con 113 puntos. 

BOSNIA E HERZEGOVINA CONFIRMA PROVISIONALMENTE A SÚA PARTICIPACIÓN EN ESTOCOLMO

A televisión pública de Bosnia e Herzegovina entregou os papeis necesarios á UER para confirmar de maneira provisional a súa participación no Festival de Eurovision 2016.

Isto significa, de maneira máis sinxela, que poderemos ver ao país participando sobre o escenario do Globen Arena de Estocolmo por primeira vez dende o 2012, ano en que o estado se retirou debido a problemas económicos polos que atravesaba o ente público. 

Polo momento, debemos esperar ata o vindeiro 10 de outubro para confirmar se finalmente o país continúa a súa carreira cara o Festival do vindeiro ano ou polo contrario, continúa fóra da competición.

O país confirmou nun principio a súa participación no festival celebrado en Viena, pero retirouse polos problemas económicos.

FONTE: Faktor.ba

POLONIA E XEORXIA CONFIRMAN A SÚA PARTICIPACIÓN EN ESTOCOLMO

As televisións públicas de Xeorxia (GPB) e Polonia (TVP) confirmaron a súa participación no vindeiro Festival de Eurovision, a celebrar os días 10,12 e 14 de maio do 2016, aínda que ningún dos dous países desvelaron o método mediante o cal elixirán aos seus respectivos representantes no escenario do Globen Arena de Estocolmo.

As canles de ambos os dous países desvelaron a noticia, elevando o número de países confirmados a 32, ate o momento.

Xeorxia estivo representado este ano 2015 por Nina Sublatti e a canción "Warrior" que obtivo o posto número 11 da gran final con 51 puntos. Máis abaixo quedou Polonia, que representado por Monika Kuszyńska obtivo dez puntos, quedando no posto 23 coa canción "In the name of love".

FONTE: esctoday.com, TVP

ESLOVENIA CONFIRMA A SÚA PARTICIPACIÓN EN EUROVISION 2016!

A televisión pública de Eslovenia (RTVSLO) confirmou a súa participación no vindeiro Festival de Eurovisión, que terá lugar os días 10,12 e 14 de maio no Globen Arena de Estocolmo. Eslovenia foi representado en 2015 polo dúo Maraaya, que coa canción "Here for you" obtivo o posto 14 da grande final celebrada en Viena. Todo parece indicar que a televisión do país empregará o tradicional "EMA" para a elección do seu representante en Estocolmo, ainda que non foi confirmado oficialmente.

Os países que desexen participar teñen ata o día de hoxe, 15 de setembro, para enviar as súas inscricións preliminares para participar no festival, ainda que dispoñen ata o vindeiro 10 de outubro para confirmar se finalmente acuden ou non ao evento, sen penalización económica algunha.

FONTE: esctoday.com, facebook (https://www.facebook.com/EMAEvrovizija?fref=nf)

ESPAÑA CONFIRMA OFICIALMENTE A SÚA PARTICIPACIÓN EN ESTOCOLMO!

Televisión Española confirmou hoxe oficialmente a participación de España no Festival de Eurovision 2016, que terá lugar en Estocolmo os días 10,12 e 14 de maio do vindeiro ano. Esta mañá, Federico Llano, xefe de coproduccións e Eurovision de TVE, viaxou á cidade de Xinebra (Suíza), onde entregou a documentación necesaria para participar a Jon Ola Sand, supervisor executivo do festival. Confirmada a participación, quen representará a España en Estocolmo? Será un grupo ou unha/un solista? Segundo a web de RTVE haberá que esperar para coñecer se se empragará unha selección nacional ou unha elección interna. En Viena, o noso país estivo representado pola cantante Edurne, que malia a unha gran actuación tivose que conformar co posto 21 e tan só 15 puntos. FONTE: rtve.es

ISRAEL ELIXIRÁ AO SEU REPRESENTANTE EN ESTOCOLMO MEDIANTE "RISING STAR"

Segundo o portal israelí, mako.il, a televisión pública de Israel empregará de novo o talent show "Rising Star" para seleccionar ao seu representante en Eurovision 2016 a celebrar en Estocolmo o vindeiro mes de maio. O concurso, coñecido en Israel como HaKhovav HaBa, xa foi empregado este ano 2015 para seleccionar a Nadav Guedj coma representante do país en Viena, co que logrou pasar á final tras catro anos coa canción "Golden boy" FONTE: mako.il

ACERBAIXÁN TAMEN ESTARÁ EN ESTOCOLMO

A televisión pública de Acerbaixán confirmou que si estará presente na 61 edición do Festival de Eurovision, que terá lugar o vindeiro mes de maio en Estocolmo. Ictimai, o ente público do país caucásico, empregou a elección interna para elixir ao seu representante en Viena, Elnur Huseynov que conseguiu pasar á gran final obtendo o posto número 12. Acerbaixán é un dos poucos países que sempre conseguiu estar presente na final dende o seu debut en 2008. Ictimai non confirmou que método empregará para a elección do seu séptimo representante no certame europeo. FONTE: esctoday.com

Pág. 1/2