Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

BULGARIA E CROACIA VOLVEN A EUROVISION ELEVANDO O NÚMERO DE PARTICIPANTES A 43

Polo escenario do Globen Arena de Estocolmo veremos pasar a 43 países, unha cifra récord establecida nas edicións do Festival de Eurovision en 2008 e 2011. A cifra chega a este número grazas a que esta tarde, dous países: Bulgaria e Croacia, confirmaron que volverán de novo ao festival tras retirarse no 2013 e únense así a Bosnia e Hercegovina e a Ucraína que tamén regresarán ao evento na vindeira edición. Jon Ola Sand aplaudiu a cifra e dixo que "estaban contentos de ver a 43 televisións diferentes apuntadas no festival, algo que permitirá ver máis culturas e países xuntos e expresar tamén a forza da música".

COÑECE AOS REPRESENTANTES DE BOSNIA E HERZEGOVINA NO SEU REGRESO A EUROVISION

Onte coñeciamos a boa noticia de que Bosnia e Herzegovina volvería ao festival de Eurovision o vindeiro ano 2016 e que todavía se descoñecía como se elixirían os seus representantes e cando se irían a anunciar. Pero non tardaron moito, porque hoxe xa temos o nome dos representantes do país no seu regreso ao evento europeo. Trátase de Deen, Dalal e Ana Rucner, tres artistas elixidos internamente pola televisión bosnia e que serán os abanderados do seu país en Estocolmo cunha canción que será desvelada en Febreiro. Zdravo!

MACEDONIA: KALIOPI VOLVE A EUROVISION!

A Antiga República Iugoslava de Macedonia xa ten representante en Eurovision 2016. Trátase dun rostro xa coñecido no escenario eurovisivo, Kaliopi, que representou ao país balcánico no festival de 2012 celebrado en Bakú, Acerbaixán. Kaliopi conseguiu clasificarse e posicionarse no posto 13 da gran final coa canción "Crno i belo" ("Branco e negro"). A artista volverá asi a participar coas cores da bandeira macedonia sobre o escenario, logo de ser elixida de maneira interna pola televisión pública do país (MKRT). ¿Conseguirá Kaliopi levar a Macedonia á final e superar o posto conseguido en 2012?

FINALMENTE, BOSNIA E HERZEGOVINA VOLVE A EUROVISION!

Señores, señoras 'eurofans'. Hoxe temos que comunicarlles unha boa nova. Bosnia e Herzegovina volverá ao festival de Eurovision en 2016! A cadea pública do país, a BHRT, confirmou esta tarde mediante a súa páxina web que os fondos necesarios para sufragar a súa participación no concurso xa foron conseguidos e así mesmo os patrocinadores que farán posible a volta de Bosnia e Herzegovina ao evento europeo logo de tres anos de ausencia debido aos problemas económicos. Agora queda saber como elixirán ao seu representante no escenario do Globen Arena de Estocolmo. Zdravo, Bosnia i Hercegovina!

MALTA GAÑA EUROVISION JUNIOR NUNHA GALA CHEA DE EMOCIÓN

Bulgaria celebrou este pasado sábado a gala do Festival de Eurovision Junior, na que 17 novos talentos infantís dos seus respectivos países interpretaron as súas cancións sobre o escenario da capital búlgara. Durante as votacións os nervios e a emoción estaban presentes nas estrelas infantis que viron gañar a Destiny Chukunyere, a representante maltesa que venceu con 185 puntos coa canción "Not my soul". Armenia e Eslovenia, ocuparon o segundo e o terceiro posto respectivamente nun festival no que tamén se estreou Australia obtendo o oitavo posto. Celebrará Malta o festival en 2016 logo de facelo o pasado ano? Greetings, Malta.

TODO SOBRE A POLÉMICA DE XAVIER NAIDOO

O pasado 19 de novembro a televisión pública alemá confirmou a elección, de maneira interna, de Xavier Naidoo como representante do país en Eurovision 2016. O coñecido cantante R&B suscitou moitas clases de opinións, e sobre todo en contra debido as presuntas palabras homófobas e racistas do cantante. Todos estes motivos provocaron que tanto o artista como a cadea de televisión, que tiña previsto realizar unha gala para elixir a canción coa que Xavier representaría ao país en Estocolmo, decidiron retirar a participación de Xavier. Esta decisión provocou ademais unha división de opinións entre as dúas canles de televisión alemás, ARD e NDR. A incógnita agora é saber cales son os plans que hai de cara a súa participación en 2016. Máis información, en breve.

AUSTRALIA TAMÉN PARTICIPARÁ EN ESTOCOLMO!

A UER confirmou que Australia volverá a participar de novo no Festival de Eurovision e estará asípresente na 61 edición do evento que terá lugar o vindeiro mes de maio. A cuestión e que o camiño polo festival non será tan sinxelo xa que o país terá que pasar por unha das semifinais para clasificarse ou non para a grande final. Good luck Australia!

NÓS TAMÉN SOMOS PARÍS

Dende este blogue queremos dar o noso apoio a todos os cidadáns franceses que onte sufriron a barbarie xihadista vendo morrer a 130 inocentes persoas en seis ataques perpretados en París, cidade que hoxe comeza un loito, ao que nos queremos sumar dando as nosas condolencias a todo o pobo francés e condenando ataques coma estes.

#PrayForParis  #JeSuisParis 

Mundoeurovision.

TVE DEDICARÁ UN DOS SEUS PROGRAMAS ESPECIAIS DO NADAL A EUROVISION

Televisión Española decidiu este ano apostar polo festival musical máis importante de Europa, e porque non dicir do mundo, na programación especial de Nadal. Será mediante o regreso do programa "Telepasión", que abandoou a programación da televisión pública hai xa 12 anos. Este programa contará así con diversos rostros eurovisivos coma Daniel Diges, Edurne ou Rosa López que posiblemente realizarán diversas actuacións para rendir homenaxe ao Festival de Eurovision no seu 60 aniversario. Este programa eurovisivo será emitido previsiblemente na Noiteboa e contará cunha actuación especial de Anne Igartiburu. Que ben poder disfrutar do festival favorito de 197 millóns de persoas no mundo tamén en Nadal.

41 PAÍSES PARTICIPARÁN (POLO MOMENTO) EN EUROVISION 2016

Jon Ola Sand, productor executivo do Festival de Eurovision, confirmou esta mañá que polo momento serán 41 os países participantes na 61 edición do evento que se celebrará en Estocolmo o vindeiro mes de maio. Cal é o país número 41? Dende este blogue podemos falar da participación de 40 países, tal e como foi confirmada polas súas respectivas cadeas de televisión. Todo parece apuntar a que o país do que falamos se ppdería tratar de Australia, que volvería ao festival logo do seu debut en 2015 ou o Líbano, cuxa televisión pública confirmou hai uns días que todavía non tomaran unha decisión ao respecto. Outros rumores apuntarían ao regreso de Croacia ou de Bosnia e Herzegovina, que asegurou continuar na busca de patrocinadores para poder participar. Cantos países participarán finalmente en Estocolmo? A resposta, en breve.

Pág. 1/2