Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Crónica de "Objetivo Eurovisión" (2): "Envidia, impaciencia e nervios"

Boas tardes!

Un día máis achegámosche aos pensamentos dun "eurofán" coa segunda parte da crónica de "Objetivo Eurovisión". Hoxe é domingo e mañá luns. Que ten de especial isto? Pois que se todo vai segundo o previsto en menos de 36 horas estaremos pegadiños ao televisor expectantes a coñecer quen representará a España en Eurovisión 2016. O primeiro que se sinte é envidia, vendo á deusa Loreen chegando a Madrid onde mañá, neses estudos nos que terá lugar o programa, terá a grande oportunidade de votar ao seu aspirante favorito outorgando o 10% da votación final. E iso, sería un soño para calqueira dos grandes afecionados ao Festival. 

 

Por outro lado, síntese impaciencia a que chegue mañá, a que remate o Telediario con Ana Blanco e logo do tempo e os sorteos da lotaría dea comezo ese grande programa de 90 minutos do que salirá o nome do artista que viaxará a Estocolmo en maio e que Toñi Prieto (directora de contidos de TVE) asegurou que será "impresionante".

 

E finalmente os nervios, eses nervios que xa non sabes que facer con eles, uns nervios que seguro esta noite non deixarán durmir moi ben e que pode que dean lugar a estraños soños nos que te atopas presentando o festival ou dando o voto a algún dos aspirantes.

 

Por hoxe, só queda decirlle aos aspirantes que tranquilidade e que durman ben, porque mañá pode que vivan un dos mellores momentos da súa vida. Sorte!

Crónica de "Objetivo Eurovisión": "Cando comeza a fin de semana e pensas no luns"

É sábado sí, ese día no que te podes levantar á hora que che apeteza, no que podes facer o que se che antoxe, iso sí con moderación. Pero e que de seguro moitas e moitos estarán hoxe a pensar no luns e falo de todos aqueles para os que o Festival de Eurovisión e coma unha final dun mundial para os aficionados ao fútbol. Hoxe quedan nada máis e nada menos que dous días, dous días para coñecer ao representante de España en Estocolmo e para poder disfrutar dunha gala chea de música, emoción e de seguro que moitos nervios. O xoves coñeciamos a orde de actuación dos aspirantes e outros moitos detalles sobre a gala na rolda de prensa que RTVE ofreceu na mañá. Os aspirantes salirán ao escenario da seguinte maneira:

  1. Maverick
  2. Barei
  3. Xuso Jones
  4. Salva Beltrán
  5. María Isabel
  6. Electric Nana

Ademais, coñeciamos a maneira na que se repartirá o voto que decidirá o gañador de "Objetivo Eurovisión". O televoto contará co 40% da votación mentres que os xurados de plató e o internacional contarán, cada un, co 30% da decisión final. Non só iso, e é que nos enteramos de que Julia Varela, comentarista de Eurovisión en TVE xunto con José María Íñigo, copresentará a gala representando así a Galicia na gala máis eurovisiva "made in Spain". Por hoxe nada máis. Só un consello: "Unhas cantas infusións de tila e bendita paciencia".

 

A pésima situación financieira podería levar ao peche da emisora estatal bosnia a tres meses de Eurovisión.

A mala situación económica que atravesa a BHRT, a televisión pública de Bosnia e Hercegovina pareceu chegar a tal punto que mesmo nos vindeiros días se podería producir o desmantelamento e cese de emisións da emisora estatal. Esta noticia chega a pouco máis de tres meses de que teña lugar o regreso do país balcánico ao Festival de Eurovisión dende a súa retirada en 2013. A crise que está a pasar o goberno bosnio e malia iso, o ente público, provocou que o Consello de Administración da BHRT calificase a situación de "insostible" e só podería ser resolvido a través dun novo modelo de impostos que sufragase os custos da retransmisión da televisión pública e obter así os aproximadamente 225.000 euros que a emisora necesita para ofrecer aos seus empregados unhas condicións mínimas de traballo. Se a situación non mellora, os traballadores veránse obrigados a ir finalizando as emisións ata o peche definitivo do servizo público.

A BHRT confirmara en torno ao mes de novembro a súa participación en Eurovisión 2016, sendo os gastos que a participación conleva sufragados na súa totalidade por patrocinadores e non por diñeiro público, polo que a pregunta é: Que ocorrerá coa participación do país en Estocolmo? Agardemos que todo se arranxe e poder ver aos representantes do país no Globen Arena de Estocolmo.

 

Máis detalles sobre "Objetivo Eurovisión", o vindeiro luns en La 1 de TVE

En menos de unha semana, España coñecerá o nome do seu representante en Eurovisión 2016 e farémolo mediante "Objetivo Eurovisión", a gala na que se decidirá cal dos seis candidatos a representarnos convence máis a xurados e televoto.

En canto aos xurados hai que destacar que o xurado principal estará formado por tres grandes nomes eurovisivos de modo que a preselección española estea a altura das demais finais europeas.

Dito xurado estará composto por nada máis e nada menos que Loreen, gañadora de Eurovisión 2012 coa máis que coñecida canción "Euphoria" que elixirá ao aspirante que máis lle acompañe. Á artista sueca acompañarana Edurne, representante de España en Eurovisión 2015 e Carlos Marín, membro español do grupo Il Divo. Dita votación estará precedida pola presenza dun xurado internacional formado por diversos profesionais da televisión de varios países que participan tamén no certame europeo e que darán as súas puntuacións ao máis puro estilo eurovisivo.

A parte de ambos xurados, será tamén o televoto quen forme parte da selección do sucesor de Edurne en Eurovisión. Por outro lado, cabe destacar que varios artistas coma o grupo musical representante de España en Eurovisión 2007, DNash e outros artistas que se irán coñecendo nos vindeiros días.

Con estes datos semella que Televisión Española está a traballar con grande dedidación este programa que terá a Anne Igartiburu coma mestra de cerimonias e outros detalles que estamos expectantes a coñecer.

Descubre o logo, o eslogan e os países que participarán en cada semifinal de Eurovisión 2016

Esta mañá tivo lugar en Estocolmo o sorteo no que se coñeceron os países que actuarán en cada semifinal e polo tanto aspiran a convertirse nos finalistas de Eurovisión 2016. Ademais, durante este acto coñeceuse tamén o logotipo e o eslogan desta edición que será: "Come together", mentras que o tamén coñecido coma artwork ten como forma un círculo no que se reflexan as cores rosa e azul destacablemente. Volvendo ao sorteo de semifinais, os países quedaron ubicados da seguinte maneira:

 

 

 

 

IRA LOSCO VOLVERÁ A REPRESENTAR A MALTA EN EUROVISIÓN 2016

Esta noite 14 artistas loitaban no Malta Eurovision Song Contest para convertirse no representante da pequena illa mediterránea no vindeiro Festival de Eurovisión en Estocolmo.

 

Das 14 propostas, o xurado e o televoto remataron elixindo a "Chamaleon", a canción de Ira Losco, que representará así ao país no escenario do Globen Arena, obtendo 68 puntos na final nacional maltesa. Vexa a actuación de Ira Losco no MESC 2016, deseguido.

 

 

Ira Losco xa é coñecida por representar a Malta no Festival de Eurovisión en 2002 quedando no segundo posto da grande final a tan só doce puntos da victoria coa canción "7th wonder". Ira Losco vai a Estocolmo disposta a pasar á final logo de que Amber, representante do país en Viena non conseguise o paso á final. Con Malta, xa son seis os países que contan con representante e canción para Eurovisión 2016.

IVAN REPRESENTARÁ A BIELORRUSIA EN EUROVISIÓN 2016

Esta noite tivo lugar en Bielorrusia a gala na que se elixiu ao representante do país no Festival de Eurovisión 2016. Trátase de Alexander Ivanov, coñecido co alcume de Ivan, un artista bastante coñecido tanto en Bielorrusia coma en Rusia, onde foi elixido para representar ao país en Intervisión, festival que terminou sen celebrarse por diversos motivos.

 

 

Ivan representará así ao país coa canción "Help you fly" e intentará pasar á final logo de que os representantes do país en Viena, Uzari e Maimuna, non conseguisen clasificarse para a gran final.

ASÍ SON AS CANCIÓNS ASPIRANTES A REPRESENTAR A ESPAÑA EN ESTOCOLMO

Esta mañá e coa grande expectación de todos os eurofans, TVE publicou trinta segundos de cada unha das cancións que xunto aos seus intérpretes, aspirarán por convertirse no representante de España en Eurovisión 2016, nunha gala que se celebrará o 1 de febreiro ás 22:30 e que levará como nome "Objetivo Eurovisión".

 

Polo orde en que TVE publicou os fragmentos comezamos por Barei. A cantante presenta a canción "Say yay", unha proposta moi alegre e "movida" en inglés cun toque a soul e que a cantante describe coma "enérxica, con forza e emotiva"

En segundo lugar, é Electric Nana quen aposta tamén por un tema moi internacional en inglés que inclúe partes tanto en español coma en francés. Falámoslle de "Now", unha canción cun toque a rock electrónico, con retrouso pegadizo e espírito enérxico.

O toque feminino e latino á vez ofrécenolo María Isabel. A gañadora de Eurovisión Junior en 2004 presenta "La vida sólo es una", un tema de pop español que a cantante describe coma un "canto á vida cheo de frescura e optimisimo".

Cun toque tamén latino descubrimos "Un mundo más feliz", a canción de Maverick coa que aspira a representar a España en Estocolmo, unha canción que o finalista da última edición de "La Voz" define coma "toda unha celebración".

A melodía, o retrouso e a mensaxe que aporta son as principais características de "Días de alegría" a canción de Salvador Beltrán na súa carreira a Eurovisión. Trátase dun tema en español de pop repleto de optimismo e cunha base rítmica que xoga un papel fundamental, incluíndo algún toque brasileiro.

Finalmente, falámoslle de "Victorious", a canción coa que Xuso Jones se presenta para representar a España no Globen Arena da capital sueca. Trátase, "Victorious", dun tema up tempo en inglés moi alegre e no que se mesturan elementos orgánicos con sonidos "dance".

 

Cabe destacar que mañá a partires das 17h nun encontro en RTVE.es daránse a coñecer as cancións dos aspirantes íntegras e ofreceráse máis información sobre a gala " Objetivo Eurovisión" que estará presentada por Anne Igartiburu e que contará cun xurado internacional como se coñeceu nas últimas horas.

 

O que si se volveu demostrar é o grande entusiasmo e expectación dos españois ante a noticia xa que durante máis de 10 horas a etiqueta #euroavance mantense coma trending topic en Twitter, algo que previsiblemente volverá a ocorrer mañá coas cancións presentadas na súa totalidade.

ESCOITE OS FRAGMENTOS nesta ligazón: 

LAURA TESORO REPRESENTARÁ A BÉLXICA EN EUROVISIÓN 2016

Onte á noite culminou en Bélxica o Eurosong 2016, a final da selección nacional da televisión pública belga na que se elixiu á representante do país en Eurovisión 2016, que terá lugar os días 10,12 e 14 de maio.

 

A gala culminou co triunfo de Laura Tesoro, unha xove cantante coñecida pola súa participación na edición belga do talent show "The Voice". A cantante impúxose así aos outros catro finalistas tralas votacións do xurado internacional, o profesional e o televoto cunha canción alegre e motivadora chamada "What's the pressure" coa que aspira a continuar o éxito obtido en 2015 con Loïc Nottet e a innovadora canción "Rythm inside", que obtivo o cuarto posto na Grande Final do Festival celebrado en Viena.

 

Con Laura Tesoro, xa se vai perfilando a listaxe de participantes no vindeiro Festival de Eurovisión, para o que quedan uns catro meses.

 

 

 

COÑECE O REPRESENTANTE DE SAN MARINO EN ESTOCOLMO

A televisión pública de San Marino anunciou que Serhat representará á pequena república no escenario do Festival de Eurovision 2016 en Estocolmo. Serhat (Ahmet Serhat Hacıpaşalıoğlu) convetiráse no primeiro artista turco en pisar o escenario eurovisivo tras a retirada do país caucásico en 2012.

 

O artista logrou en varias ocasións posicionarse no número 1 nas listas de éxitos de países coma Alemania e é coñecido coma presentador de varios programas. Representará a San Marino no Globen Arena de Estocolmo cunha canción que todavía se desconoce.

Pág. 1/2