Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

A UER rectifica o veto da bandeira vasca en Eurovisión

A polémica saltaba onte trala publicación na páxina web do Globen Arena, recinto sede de Eurovisión 2016, dun documento que incluía a "política de bandeiras" que estarán e non permitidas no interior do recinto durante a posta en marcha dos diversos eventos relacionados co Festival. Baixo o título "Banned flags" a UER mostraba unha lista de exemplos de bandeiras "prohibidas" nas que se atopaban a do territorio desputado de Nagorno-Karabaj, a de Kosovo, a de Crimea e mesmo a do Estado Islámico (DAESH). Entre as bandeiras presentes no listado estaba tamén presente a do País Vasco, algo que causou grande polémica nas redes e que se trasladou hoxe á política española.

 

A vicepresidenta do goberno en funcións, Soraya Sáenz de Santamaría declaraba nunha comparecencia posterior ao consello de ministras e ministros que a bandeira do País Vasco é unha "bandeira constitucional que representa aos españois residentes na comunidade autónoma e que o goberno defenderá". Mais tarde, o lehendakari Íñigo Urkullu nunha entrevista a RNE calificaba de "inadmisible" o ocorrido e pedía a sua rectificación.

 

Tamén desde RTVE fíxose entregar a UER un escrito expoñendo a defensa da bandeira vasca e o respeto cara ela, un comunicado ao que máis tarde a institución europea contestaba alegando que non "querían ofender a ninguén e que o obxectivo era manter o festival libre de consignas políticas.

 

Segundo a UER, esta tarde será publicada unha lista final das bandeiras non permitidas así coma un amplo escrito explicándoo.

Romanía, descalificada de Eurovisión 2016 pola UER debido á débeda contraída pola TVR

Ovidiu Anton e toda a delegación romanesa non pisará Estocolmo nin o escenario do Festival de Eurovisión. Os peores presaxios cumplíronse e a Unión Europea de Radiodifusión anunciou esta mañá a descalificación do país de Eurovisión 2016 debido á debeda de 14,5 millóns de euros que a televisión pública romanesa (TVR) tiña contraída coa UER, débeda para a cal o ente público pediu axuda ao Estado aínda que finalmente esta non chegou. 

 

A televisión pública do país tiña este Mércores 20 de Abril como data límite para pagar a débeda, logo de que a UER aceptase que se dese opción ao goberno do país a contar cuns días para que puideran obter o diñeiro necesario. Esta situación e a non devolución da débeda levaron á Unión Europea de Radiotransmisión a impedir a participación do país en Estocolmo e tamén deixar de dar opción ás canles públicas de emitir contido procedente da rede europea, estando incluindo neste asunto a sinal por satélite do Festival de Eurovisión que a TVR non poderá emitir.

 

Ingrid Deltenre, directora xeral da UER afirma que "foron forzados a tomar esa decisión" sentíndose, engade, "decepcionados por que o seu intento de que a débeda fose resulta non obtivese resposta por parte do Goberno romanés.

 

Como consecuencia disto, Ovidiu Anton que sería o responsable de representar ao seu país en Estocolmo, non terá a oportunidade de actuar no escenario do Globen Arena coa súa canción " Moment of silence", situación á que de momento o artista non se pronunciou mentres que hai días afirmou que esperaba que a situación se resolvese e que os artistas non deberían verse envoltos nesas cuestións. A organización da SVT retirará así a Romanía da segunda semifinal do evento programada para o vindeiro 12 de maio aínda que a canción de Ovidiu continuará dispoñible nas plataformas de streaming e tamén no CD oficial do evento. Varios artistas como a española Barei manifestaron o apoio a Ovidiu Anton destacando o seu esforzo que agora se ve truncado por razóns só económicas.

 

Deste modo, finalmente serán 42 os países participantes no evento dos días 10,12 e 14 de Maio en Estocolmo. Agora a pregunta é: Cal será o futuro de Romanía en Eurovisión?

 

 

Finlandia será a primeira en pisar o escenario do Globen Arena para uns ensaios cuxa programación xa foi revelada

Quedan 21 días para que arranque en Estocolmo Eurovisión 2016 e os corenta e tres países participantes xa pensan no viaxe á capital sueca e tamén nos ensaios previos ao momento máis esperado: a actuación sobre o Globen Arena, unha actuación na que moitos países buscan a clasificación á final. Cada país contará, como ven sendo habitual, cunha primeira quenda de ensaios de vintecinco minutos cada un e unha segunda máis adiante. A primeira quenda destes ensaios, que abrirá Finlandia, terá lugar o Luns 2 de Maio e os últimos terán lugar o día 8 cando subirán por segunda vez ao escenario "sen límites" os países do "Big Five" e o país anfitrión, Suecia.

Pode ollar deseguido a programación dos ensaios previstos:

2 de Maio (Luns)
09h00 - Finlandia (1.º ensaio)
09h40 - Grecia (1.º ensaio)
10h20 - Moldavia  (1.º ensaio)
11h00 - Hungria (1.º ensaio)
11h40 - Intervalo
12h40 - Croacia (1.º ensaio)
13h20 - Holanda (1.º ensaio)
14h00 - Armenia (1.º ensaio)
14h40 - Intervalo
15h00 - San Marino (1.º ensaio)
15h40 - Rusia  (1.º ensaio)
 
3 de Maio (Martes)
09h00 - República Checa (1.º ensaio)
09h40 - Chipre (1.º ensaio)
10h20 - Austria  (1.º ensaio)
11h00 - Estonia (1.º ensaio)
11h40 - Intervalo
12h40 - Acerbaixán (1.º ensaio)
13h20 - Montenegro (1.º ensaio)
14h00 - Islandia (1.º ensaio)
14h40 - Intervalo
15h00 - Bosnia e Hercegovina (1.º ensaio)
15h40 - Malta  (1.º ensaio)
16h20 - Suecia (1.º ensaio)
 
4 de Maio (Mércores)
09h00 - Letonia (1.º ensaio)
09h40 - Polonia (1.º ensaio)
10h20 - Suíza  (1.º ensaio)
11h00 - Israel (1.º ensaio)
11h40 - Intervalo
12h40 - Bielorrusia (1.º ensaio)
13h20 - Serbia (1.º ensaio)
14h00 - Irlanda (1.º ensaio)
14h40 - Intervalo
15h00 - ARI Macedonia (1.º ensaio)
15h40 - Lituania  (1.º ensaio)
16h20 - Australia (1.º ensaio)
 
5 de Maio (Xoves)
09h00 - Eslovenia (1.º ensaio)
09h40 - Romanía (1.º ensaio)
10h20 - Bulgaria  (1.º ensaio)
11h00 - Dinamarca (1.º ensaio)
11h40 - Intervalo
12h40 - Ucrania (1.º ensaio)
13h20 - Noruega (1.º ensaio)
14h00 - Xeorxia (1.º ensaio)
14h40 - Intervalo
15h00 - Albania (1.º ensaio)
15h40 - Bélxica (1º ensaio)
 
6 de Maio (Venres)
08h00 - Finlandia (2.º ensaio)
08h25 - Grecia (2.º ensaio)
08h50 - Moldavia (2.º ensaio)
09h15 - Hungria (2.º ensaio)
09h40 - Croacia (2.º ensaio)
10h05 - Holanda (2.º ensaio)
10h30 - Intervalo
11h30 - Armenia (2.º ensaio)
11h55 - San Marino (2.º ensaio)
12h20 - Rusia (2.º ensaio)
12h45 - República Checa (2.º ensaio)
13h10 - Chipre (2.º ensaio)
13h35 - Áustria (2.º ensaio)
14h00 - Intervalo
14h20 - Estónia (2.º ensaio)
14h45 - Acerbaixán (2.º ensaio)
15h10 - Montenegro (2.º ensaio)
15h35 - Islandia (2.º ensaio)
16h00 - Bosnia e Hercegovina (2.º ensaio)
16h25 - Malta (2.º ensaio)
16h50 - Intervalo
17h55 - Francia (1.º ensaio)
18h35 - España (1.º ensaio)
 
 
7 de Maio (Sábado)
08h50 - Alemaña (1.º ensaio)
09h30 - Italia (1.º ensaio)
10h10 - Reino Unido (1.º ensaio)
10h50 - Intervalo
11h45 - Letonia (2.º ensaio)
12h10 - Polónia (2.º ensaio)
12h35 - Suíza (2.º ensaio)
13h00 - Israel (2.º ensaio)
13h25 - Bielorrusia (2.º ensaio)
13h50 - Serbia (2.º ensaio)
14h15 - Intervalo
14h25 - Irlanda (2.º ensaio)
14h50 - ARI Macedonia (2.º ensaio)
15h15 - Lituania (2.º ensaio)
15h40 - Australia (2.º ensaio)
16h05 - Eslovenia (2.º ensaio)
16h30 - Romanía (2.º ensaio)
16h55 - Intervalo
17h55 - Bulgaria (2.º ensaio)
18h20 - Dinamarca (2.º ensaio)
18h45 - Ucraína (2.º ensaio)
19h10 - Noruega (2.º ensaio)
19h35 - Xeorxia (2.º ensaio)
20h00 - Albania (2.º ensaio)
20h25 - Bélxica (2.º ensaio)
 
 
8 de Maio (Domingo)
11h30 - Suecia (2.º ensaio)
11h55 - España (2.º ensaio)
12h20 - Francia (2.º ensaio)
12h45 - Intervalo
13h05 - Alemaña (2.º ensaio)
13h30 - Italia (2.º ensaio)
13h55 - Reino Unido (2.º ensaio)
 

A UER podería negar a Romanía a súa participación en Estocolmo debido á débeda millonaria que acumula a TVR

Romanía podería non formar parte finalmente da 61 edición do Festival de Eurovisión se a situación continúa como ata o momento. E é que a Unión Europea de Radiodifusión insta á televisión pública romanesa (TVR) que devolva canto antes canto antes a débeda de 10 millóns de euros que acumula coa organizadora do Festival, deuda que se acumula dende 2008. En caso de que a deuda continue vixente, a UER podería negar ao ente público do país a retransmisión de eventos mediante a rede da unión e tamén a participación no evento eurovisivo e mesmo negando á TVR a sinal por satélite do Festival.


A TVR dispón dun orzamento moi reducido, algo que provoca entre moitos outros asuntos, esta débeda millonaria coa UER sendo o pasado mes de Xaneiro cando a televisión pública puido pagar tan só 250.000€ de todo o que lle queda a deber, unha situación crítica que levou á emisora a pedir axuda urxente ao Estado romanés e ás súas institucións para que poida seguir formando parte da rede europea, grazas á cal accede a poder retrasmitir eventos deportivos coma a Eurocopa ou outro tipo de programación.

 

Ovidiu Anton, representante do país neste 2016 móstrase crítico coa situación e afirma que "estes problemas non deberían afectar a un artista" e confía en que o Estado ofreza a súa axuda para rematar coa débeda millonaria. Se todo sae ben, Romanía participará na segunda semifinal o día 12 de maio e faráo a ritmo de rock.

 

 

A RTP emitirá finalmente o Festival de Eurovisión en Portugal tras un acordo coa UER

Logo de ser anunciado hai semanas que a Radio e Televisão de Portugal non emitiría ningunha das galas do Festival de Eurovisión, hoxe Daniel Deusdado, director de programas do ente público luso anunciou que tanto as semifinais coma a grande final do evento celebrado en Estocolmo poderá ser seguido polas portuguesas e os portugueses mediante as súas canles, algo posible grazas a un acordo coa UER que fixo posible que o prezo da emisión das galas sexa menor.

 

 

Deusdado, en declaracións ao Diário de Notícias, engadiu que nun primeiro momento decidiuse prescindir da emisión do evento europeo debido a que "o orzamento é limitado e xa van emitir a Eurocopa e os Xogos Olímpicos" e que agora "co prezo que a UER lles propuxo, sabendo que Portugal é un país en crise, xa poden ofrecer aos seus espectadores as semifinais e a final, e así non farán un investimento moi grande".

 

Esta decisión foi aplaudida polas e polos eurofans portugueses que criticaron a anterior decisión da RTP e que poderán agora desfrutar de Eurovisión medíante a súa televisión pública.

 

 

Julia Varela e José María Íñigo repetirán como comentaristas de Eurovisión en TVE

Cada vez quedan menos días para Eurovisión 2016 e mentras en Estocolmo se continúa coa construción do escenario e a preparación de todo o relativo ao Festival, as televisións públicas de cada país participante comezan a prepararse xa de cara a retransimisión das galas dos días 10, 12 e 14 de Maio. En España, TVE anunciou onte que Julia Varela e José María Íñigo viaxarán a Estocolmo para repetir como comentaristas do que foi en 2015 o programa non deportivo máis visto no país.

José María Íñigo estará presente nun escenario eurovisivo por quinta vez consecutiva e estará así acompañado pola segunda ocasión pola galega e xornalista Julia Varela, que copresentou xa no mes de Febreiro a gala "Objetivo Eurovisión" xunto con Anne Igartiburu e atópase agora inmersa na gravación do programa de reportaxes "Comando Actualidad", emitido en La 1 e tamén en outros proxectos coma o seu blogue "Yo laggard" e a súa participación en Radio 3. As semifinais do Festival van poder seguidas en La 2 mentres que a Grande Final será emitida na primeira cadena da televisión pública.

 

FONTE: rtve.es 

 

 

Os traballadores da SVT convocan unha folga que pode chegar a afectar a Eurovisión

Unha ampliación de salario e mellores condicións de cara a xubilación. Ese é o motivo polo que ata 10.000 traballadores da televisión pública sueca (SVT) están convocados a unha folga a partires do 18 de abril, folga que se se prolonga no tempo podería afectar ao desenvolvemento do Festival de Eurovisión a menos dun mes do seu comezo, mes clave para a realización do evento debido á construcción do escenario e a preparación dos recintos que acollerán o EuroClub e o EuroBar así como outros puntos clave da celebración eurovisiva na capital sueca.

 

En declaracións ao xornal sueco Aftonbladet, Hélène Sahlin, directora de Recursos Humanos da SVT mostrase optimista pero anuncia que a folga afectará en gran parte á programación das canles públicas suecas e afirma "estar traballando para evitar problemas ao público". Malia a iso, "hai un risco que non pode ser excluído" e que pode afectar ao Festival, engade a directiva do canle.

 

Isto e a participación na folga de ata 50 traballadores que forman parte da organización de Eurovisión 2016, entre os que se atopan cámaras, realizadores e outras e outros profesionais, podería retrasar os traballos previos á celebración do evento aínda que dende o ente público sueco confían en "poder ofrecer o mellor espectáculo"

 

 

Finlandia e Letonia abrirán as semifinais de Eurovisión 2016

A televisión pública sueca (SVT) e a UER anunciaron onte á mañá a posición na que actuarán os diferentes países nas semifinais do Festival de Eurovisión 2016, para cuxo inicio quedan tan só 31 días.

 

O método elexido para decidir esta orde foi o mesmo ca dende 2013 posibilitando un espectáculo máis "emocionante" de maneira que as cancións do mesmo estilo musical non teñan lugar de maneira seguida. Desta maneira, Finlandia e Letonia abrirán a primeira e a segunda semifinal respectivamente, sendo Malta e Bélxica os encargados de pechar cada unha das eliminatorias antes de coñecer o nome dos dez finalistas, finalistas que serán elixidos polos xurados e o televoto europeo.

 

As semifinais de Eurovisión 2016 terán lugar os días 10 e 12 de maio no Globen Arena de Estocolmo e poderán ser seguidas en España mediante La 2 de Televisión Española a partires das 21:00 CET así como tamén en YouTube e en eurovision.tv.

Mire, deseguido, a posición dos participantes nas semifinais.

1.ª Semifinal
 
1. Finlandia
2. Grecia
3. Moldavia
4. Hungria
5. Croacia
6. Holanda
7. Armenia
8. San Marino
9. Rusia
10. República Checa
11. Chipre
12. Austria
13. Estonia
14. Acerbaixán
15. Montenegro
16. Islandia
17. Bosnia e Hercegovina
18. Malta
 
2.ª Semifinal:
1. Letonia
2. Polonia
3. Suíza
4. Israel
5. Bielorrusia
6. Serbia
7. Irlanda
8. ARI Macedonia
9. Lituania
10. Australia
11. Eslovenia
12. Romania
13. Bulgaria
14. Dinamarca
15. Ucraína
16. Noruega
17. Xeorxia
18. Albania
19. Bélxica

 

 

Barei acada o TOP10 das apostas de pago a un mes do Festival

Barei continuou nos últimos días e continuará coa súa promoción europea de cara ao Festival de Eurovisión, unha promoción que semella colleitou os seus froitos. E é que hai un mes, España sitúabase por debaixo do vixésimo posto da clasificación nas apostas de pago de cara ao Festival mentras que hoxe a cantante madrileña atópase no noveno posto.

 

Este ascenso imparable da cantante nas últimas semanas deberíase á boa acollida do seu tema "Say Yay" nas "prefestas" de Riga e Moscú e tamén á promoción doutros rivais no festival coma o francés Amir que se atreveu a versionar a canción española para o Festival.

 

Barei acudirá tamén nos vindeiros días a varios eventos en Tel Aviv e Londres e tamén ao "Eurovision in Concert" de Ámsterdam que ten lugar este Sábado, un evento que conseguiu récord de participación con 28 artistas que acudirán á capital dos Países Baixos no que é o evento previo ao propio Festival máis multitudinario.

 

Esta semana cumplíanse 46 anos da victoria de Massiel no escenario do Royal Albert Hall de Londres. Traerá de novo Barei o micrófono de vidro a España?

 

Once artistas continúan esta tarde a súa promoción para Eurovisión na 'Pre-party' en Moscú

Trala "Eurovision Pre-party" celebrada onte en Riga con críticas dos espectadores á mala realización e son do evento, os eventos previos ao Festival continúan e esta tarde a capital rusa, Moscú, acolle a súa "prefesta" eurovisiva con Sergey Lazarev, o seu representante en Estocolmo, como o cabeza de lista do evento. Ao cantante ruso acompañarano outras dez estrelas eurovisivas que continúan a súa xira promocional polo continente e máis aló a un mes de que Eurovisión 2016 arranque na capital sueca. A festa está organizada por varios medios relacionados co festival e tamén, en parte, pola televisión pública rusa. Malia a iso, o evento, que estará presentado polo comentarista ruso do festival Dmitry Guberniyev, non poderá ser seguido en directo via Internet. Os artistas que participarán nesta festa celebrada 37 días antes da primeira semifinal de Eurovisión 2016, son os seguintes:

  • Armenia – Iveta Mukuchyan
  • Azerbaijan – Samra
  • Cyprus – Minus One
  • Belarus – IVAN
  • Israel – Hovi Star
  • Macedonia – Kaliopi
  • Malta – Ira Losco
  • Moldova – Lidia Isac
  • Russia – Sergey Lazarev
  • Spain – Barei
  • Switzerland – Rykka

Nun primeiro momento estaba prevista a participación no evento de Eneda Tarifa, representante de Albania, e Serhat, o seu homólogo de San Marino que máis tarde cancelaron a súa actuación na capital rusa.

 

 

Pág. 1/2