Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

A televisión suíza aplica cambios na súa final nacional que terá lugar o 7 de febreiro

Tras dous anos sen conseguir pasar á final do Festival de Eurovisión, a televisión suíza aplicará unha serie de cambios na súa final nacional para facer desta unha final máis competitiva e adaptada ás discográficas. Un dos cambios consiste na eliminación a parte do concurso que se producia por internet e no que os espectadores podían elixir que artistas pasarían á seguinte fase. 

 

A partir de agora, os clasificados que terán a oportunidade de representar ao país en Ucraína, serán elixidos por un grupo de 20 expertos entre os que se atoparán músicos, xornalistas e produtores musicais. Oitenta artistas serán elixidos na primeira ronda, dos que tan só unha decena deles serán elixidos polo xurado para competir por representar ao país o vindeiro 7 de febreiro do vindeiro ano. Outro dos cambios implantados consiste en que o público terá o 100% da decisión final na elección do representante.

 

Jamala lanza "1944", o seu novo álbum encabezado pola canción gañadora de Eurovisión 2016

Case un mes despois da súa vitoria en Eurovisión, Jamala lanza agora o seu novo álbum, "1944". Neste novo álbum, a cantante traslada mediante as doce cancións que o conforman, o toque persoal co cal o pasado 14 de maio conseguiu conquistar Europa coa terrible historia que protagonizara a súa avóa.

 

Das doce cancións, oito están compostas en inglés e tres en ucraniano, mentras que o tema que encabeza o álbum, "1944", está composto en inglés e tártaro de Crimea. O álbum xa está dispoñible en plataformas dixitais en Europa e nos vindeiros días dará o salto aos Estados Unidos grazas á discográfica Universal Music. 

 

As cancións que se inclúen no novo traballo de Jamala, descrito por ela mesma coma un "reflexo dos seus sentimentos e pensamentos", son as seguintes:

 

1. 1944
2. I'm Like a Bird
3. Hate Love
4. Watch Over Me
5. Perfect Man
6. My Lover
7. Drifting Apart ft. The Erised
8. You've Got Me
9. Thank You
10. With My Eyes
11. Way To Home
12. Breath

 

 

 

A SVT xa prepara a vindeira edición do "Melodifestivalen"

Trala organización do Festival de Eurovisión deste ano en Estocolmo, a televisión pública sueca, a SVT xa prepara a vindeira edición do "Melodifestivalen", o popular programa no que se elixe ao representante sueco no evento europeo.

 

Christer Björkman, produtor executivo do programa avanzou que o equipo da SVT xa pensa na preparación e organización da gala do vindeiro ano, engadindo que o reglamento para participar estará dispoñible nunhas semanas xunto con máis detalles do evento.

 

Así mesmo, poucas semanas despois de acoller Eurovisión 2016, Björkman avanzou que "xa comezaron a traballar no deseño do escenario e tamén a debater diferentes aspectos do programa", programa de grande audiencia na SVT1.

 

 

A UER prevé o custo da organización de Eurovisión 2017 en 15 millóns de euros

A Unión Europea de Radiodifusión anunciou, xunto con Zurab Alasaina, director xeral da televisión pública ucraniana (NTU), un orzamento previsto de 15 millóns de euros para a organización do vindeiro Festival de Eurovisión en territorio ucraniano.

 

O dito orzamento, que superaría en 1,5 millóns ao do Festival deste ano celebrado en Estocolmo, é previsto e pode variar respecto do orzamento definitivo, o cal será anunciado nas vindeiras semanas ou meses e será debatido no Consello de Ministros antes de ser aprobado finalmente pola UER.

 

 

Amir actuará na cerimonia inaugural da Eurocopa 2016 este venres

Este venres 10 de xuño, dá comezo en París a Eurocopa de Fútbol 2016, torneo europeo que este ano conta cun récord de 24 seleccións de fútbol participantes, as cales loitarán por convertirse na vindeira campioa de Europa e sumar a preciada estrela ao seu currículo.

 

Como antesala ao comezo da competición e como gran evento que é, antes do partido inaugural deste xoves que enfrentará as seleccións de Francia e Romanía, unha decea de artistas pasaran polo escenario que se improvisará no estadio de Champs-de-Mars Entre estes artistas atópase o representante de Francia en Eurovisión 2016, Amir, que co seu tema "J'ai cherché" conseguiu o mellor resultado para o país galo no Festival dende había máis dunha década, un resultado que incrementou a popularidade do cantante no país e que o leva así a formar parte da cerimonia inaugural do gran evento futbolístico.

 

Por ese escenario do estadio parisino, ademais de Amir pasarán tamén David Guetta, Will.I.Am, Madcon ou Zara Larsson, que interpretará unha canción composta especialmente para a competición. Tamén Cristophe Mae, Florent Pagny, Soprano, Silmane, Julian Peretta, Kendji Girać e Louane Emera actuarán na cerimonia que dará o pistoletazo de saída a un mes de fútbol e moita emoción.

 

Aquí en España, a cerimonia inagural da Eurocopa será emitida en directo a partires das 20:55 en Telecinco mentres que en Portugal poderá ser seguida en diferido a partires das 22:55 (hora de Lisboa) pola RTP1.

 

 

Dinamarca confirma a súa participación en Ucraína abrindo o proceso de elección do representante

"Estamos a buscar boas cancións cun estribillo forte, que teña potencial para devolver ao país á final de Eurovisión", con estas palabras a DR, a televisión pública de Dinamarca, anuciou a apertura de recepción de candidaturas para o seu "Dansk Melodi Grand Prix", final nacional coa que se elixe ao representante danés en Eurovisión.

 

Tras dous anos sen conseguir pasar á final, primeiro con Anti Social Media en Viena e Lighthouse X en Estocolmo, a televisión danesa ten agora como obxectivo a volta ás finais eurovisivas tras a súa victoria en 2013 con Emmelie de Forest e o seu noveno posto en Copenhague ao ritmo de Basim. Dentro desta meta, segundo a DR, está que a industria musical formada polas discográficas e artistas, cambie a súa visión das cancións enviadas a Eurovisión para ofrecer así unha proposta innovadora

 

Con Dinamarca, xa son dezanove os países que confirmaron a súa participación en Eurovisión 2017 ou ben manifestaron o seu interese no evento.

 

 

 

My Eurovision Scoreboard: unha app na que a túa opinión é a protagonista

Tres semanas logo da victoria de Jamala en Estocolmo xa pensamos en como será a vindeira edición do Festival de Eurovisión, e para non perderse nada nos meses previos ao evento hoxe presentamos "My Eurovision Scoreboard", unha aplicación na que a túa opinión é a protagonista.

 

A app, dispoñible na Play Store para dispositivos de Android e na App Store para Apple, permite estar ao día de todas as novedades relacionadas co máis grande evento europeo e ademais poderás realizar os teus propios rankings nos que terás a posibilidade de ordear do 1 punto aos clásicos douze points as túas cancións favoritas participantes en todas as finais nacionais para Eurovisión e a tamén a súa versión junior e logo facer o propio nas galas máis esperadas do ano. 

 

A idea da aplicación surxiu da mente de Alex, un eurofan que desexaba compartir as súas opinións e os seus tops cos seus amigos, un desexo que o levou a contactar cun desarrollador informático que en tres meses aproximadamente xa tiña a primeira versión levada a cabo, unha versión que saiu ao público e na que segundo o mesmo Alex nos conta, "se está a traballar para mellorala".

 

Así é "My Eurovision Scoreboard", unha aplicación dirixida a todo o mundo eurofan coa que desfrutar de todo o relativo ao evento non musical máis seguido do mundo, opinar, votar e sentirse máis dentro do festival favorito de millóns de persoas.

 

IMG_20160605_180220.jpg