Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Kiev, Odessa ou Dnipro será a cidade sede de Eurovisión 2017

Cada vez estamos máis preto de coñecer que cidade será a sede do Festival de Eurovisión o vindeiro ano. Logo de que a NTU aceptase acoller o evento en terras de Ucraína, a cadea decidiu ser pioneira e levar a cabo o primeiro debate televisado entre os representantes das seis cidades que presentaron a súa candidatura para acoller o festival.

 

Todas estas cidades presentaron a súa candidatura pero tan só tres foron elixidas por un variado xurado para continuar adiante coa candidatura. Estas cidades foron a capital (Kiev), Odessa e Dnipro, das que só unha delas será elixida o vindeiro 1 de agosto logo do período de reflexión entre a UER e a televisión pública do país.

 

En canto a cada unha das cidades, cabe destacar que Kiev presentou como recinto para albergar Eurovisión o Palacio dos Deportes da cidade, que xa albergou o Festival en 2005 e que conta cunha capacidade de 9.500 persoas. O alcalde da cidade alabou a candidatura debido a infraestructura e a rede de transportes coa que contan.

 

A segunda cidade elixida, Odessa, presentou como recinto o Chronometers Stadium, onde pretenden levar a cabo a celebración do Festival e albergar a sala de prensa. A candidatura da cidade, apoiada por Jamala, foi criticada por non contar con prazas de aloxamento suficientes e pola necesidade de crear un teito no estadio presentado .

 

Por último lugar, Dnipropetrovsk foi elixida tamén para continuar na carreira para sediar o evento. Esta candidatura foi tamén criticada por estar nun lugar preto ao conflicto entre Rusia e Ucraína e por contar cun aeroporto que só opera con vós domésticos, polo que se requeriría unha inxección económica para facelo posible.

 

Durante os vindeiros días, os membros da delegación do país no festival, a NTU e a Unión Europea de Radiodifusión levarán a cabo diferentes discusións e visitarán as cidades para tomar unha decisión, a cal será presentada o 1 de agosto.

 

 

 

Eslovenia confirma, antes do habitual, que participará en Eurovisión 2017

A televisión eslovena confirmou que sí participará na 62 edición do Festival de Eurovisión, unha edición na que terá o obxectivo de volver á final logo de non clasificarse en Estocolmo con ManuElla e a súa canción "Blue and red".

 

Para cumplir esta meta, o ente público anunciou que volverá usar a final nacional "EMA" como método de elección do seu representante, aínda que contará con alguns cambios. Entre estas modificacións atópase a de que este programa de selección estenderase ao longo dun mes para facer posible que un número maior de artistas presenten a súa candidatura.

 

A final do EMA2017 terá lugar en Xaneiro. Cabe destacar que a confirmación de Eslovenia se produce antes do normal, xa que adoitaba ter lugar en Septembro.

 

Armenia confirma a súa participación en Ucraína e elixirá ao seu representante cunha final nacional

Tralo bo resultado obtido en Estocolmo por Iveta Mukuchyan, a televisión pública de Armenia  (a AMPTV) confirmou que si que participarán na vindeira edición do Festival de Eurovisión que o vindeiro ano ten lugar en Ucraína trala victoria de Jamala.

 

Ademais disto, a cadea anunciou que producirá unha final nacional de tres semanas na que se acabará elixindo o sucesor ou sucesora de Iveta no escenario eurovisivo, unha final nacional para a cal xa se aceptan inscricións e que leva un nome que, en galego poderíase traducir como "Cara a Eurovisión!"