Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

ASÍ SON AS CANCIÓNS ASPIRANTES A REPRESENTAR A ESPAÑA EN ESTOCOLMO

Esta mañá e coa grande expectación de todos os eurofans, TVE publicou trinta segundos de cada unha das cancións que xunto aos seus intérpretes, aspirarán por convertirse no representante de España en Eurovisión 2016, nunha gala que se celebrará o 1 de febreiro ás 22:30 e que levará como nome "Objetivo Eurovisión".

 

Polo orde en que TVE publicou os fragmentos comezamos por Barei. A cantante presenta a canción "Say yay", unha proposta moi alegre e "movida" en inglés cun toque a soul e que a cantante describe coma "enérxica, con forza e emotiva"

En segundo lugar, é Electric Nana quen aposta tamén por un tema moi internacional en inglés que inclúe partes tanto en español coma en francés. Falámoslle de "Now", unha canción cun toque a rock electrónico, con retrouso pegadizo e espírito enérxico.

O toque feminino e latino á vez ofrécenolo María Isabel. A gañadora de Eurovisión Junior en 2004 presenta "La vida sólo es una", un tema de pop español que a cantante describe coma un "canto á vida cheo de frescura e optimisimo".

Cun toque tamén latino descubrimos "Un mundo más feliz", a canción de Maverick coa que aspira a representar a España en Estocolmo, unha canción que o finalista da última edición de "La Voz" define coma "toda unha celebración".

A melodía, o retrouso e a mensaxe que aporta son as principais características de "Días de alegría" a canción de Salvador Beltrán na súa carreira a Eurovisión. Trátase dun tema en español de pop repleto de optimismo e cunha base rítmica que xoga un papel fundamental, incluíndo algún toque brasileiro.

Finalmente, falámoslle de "Victorious", a canción coa que Xuso Jones se presenta para representar a España no Globen Arena da capital sueca. Trátase, "Victorious", dun tema up tempo en inglés moi alegre e no que se mesturan elementos orgánicos con sonidos "dance".

 

Cabe destacar que mañá a partires das 17h nun encontro en RTVE.es daránse a coñecer as cancións dos aspirantes íntegras e ofreceráse máis información sobre a gala " Objetivo Eurovisión" que estará presentada por Anne Igartiburu e que contará cun xurado internacional como se coñeceu nas últimas horas.

 

O que si se volveu demostrar é o grande entusiasmo e expectación dos españois ante a noticia xa que durante máis de 10 horas a etiqueta #euroavance mantense coma trending topic en Twitter, algo que previsiblemente volverá a ocorrer mañá coas cancións presentadas na súa totalidade.

ESCOITE OS FRAGMENTOS nesta ligazón: