Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

A RTP emitirá finalmente o Festival de Eurovisión en Portugal tras un acordo coa UER

Logo de ser anunciado hai semanas que a Radio e Televisão de Portugal non emitiría ningunha das galas do Festival de Eurovisión, hoxe Daniel Deusdado, director de programas do ente público luso anunciou que tanto as semifinais coma a grande final do evento celebrado en Estocolmo poderá ser seguido polas portuguesas e os portugueses mediante as súas canles, algo posible grazas a un acordo coa UER que fixo posible que o prezo da emisión das galas sexa menor.

 

 

Deusdado, en declaracións ao Diário de Notícias, engadiu que nun primeiro momento decidiuse prescindir da emisión do evento europeo debido a que "o orzamento é limitado e xa van emitir a Eurocopa e os Xogos Olímpicos" e que agora "co prezo que a UER lles propuxo, sabendo que Portugal é un país en crise, xa poden ofrecer aos seus espectadores as semifinais e a final, e así non farán un investimento moi grande".

 

Esta decisión foi aplaudida polas e polos eurofans portugueses que criticaron a anterior decisión da RTP e que poderán agora desfrutar de Eurovisión medíante a súa televisión pública.