Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

A UER ESTUDA A POSIBILIDADE DE INVITAR UN PAÍS ASIÁTICO A EUROVISION 2016

A Unión Europea de Radiodifusión baralla a posibilidade de invitar un país asiático ao vindeiro festival de Eurovision, que terá lugar os días 10,12 e 14 de maio do 2016. A noticia salta despois de que na asamblea da ABU, o equivalente da UER en Asia e Oceanía se debatise a colaboración do organismo europeo co asiático-oceánico en diversos temas así como dar a coñecer os países membros da ABU no continente europeo. Este ano o Festival de Eurovision xa contou cun invitado estrela: Australia. O país oceánico foi representado por Guy Sebastian e a canción "Tonight Again", quedando no posto número 5 da gran final. Veremos a países coma China, Xapón ou a India participando no festival máis famoso do mundo? Cabe recordar que este ano rumoreuse a posibilidade da participación chinesa en Suecia co canal Hunan TV, que emite o festival en China, Hong Kong e Macao. Ainda que máis tarde isto foi desmentido por Jon Ola Sand, supervisor executivo do ESC. A que país lle gustaría ver en Eurovision? Vostedes opinan. FONTE: Eurovoix, ABU