Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

A UER rectifica o veto da bandeira vasca en Eurovisión

A polémica saltaba onte trala publicación na páxina web do Globen Arena, recinto sede de Eurovisión 2016, dun documento que incluía a "política de bandeiras" que estarán e non permitidas no interior do recinto durante a posta en marcha dos diversos eventos relacionados co Festival. Baixo o título "Banned flags" a UER mostraba unha lista de exemplos de bandeiras "prohibidas" nas que se atopaban a do territorio desputado de Nagorno-Karabaj, a de Kosovo, a de Crimea e mesmo a do Estado Islámico (DAESH). Entre as bandeiras presentes no listado estaba tamén presente a do País Vasco, algo que causou grande polémica nas redes e que se trasladou hoxe á política española.

 

A vicepresidenta do goberno en funcións, Soraya Sáenz de Santamaría declaraba nunha comparecencia posterior ao consello de ministras e ministros que a bandeira do País Vasco é unha "bandeira constitucional que representa aos españois residentes na comunidade autónoma e que o goberno defenderá". Mais tarde, o lehendakari Íñigo Urkullu nunha entrevista a RNE calificaba de "inadmisible" o ocorrido e pedía a sua rectificación.

 

Tamén desde RTVE fíxose entregar a UER un escrito expoñendo a defensa da bandeira vasca e o respeto cara ela, un comunicado ao que máis tarde a institución europea contestaba alegando que non "querían ofender a ninguén e que o obxectivo era manter o festival libre de consignas políticas.

 

Segundo a UER, esta tarde será publicada unha lista final das bandeiras non permitidas así coma un amplo escrito explicándoo.