Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Amir actuará na cerimonia inaugural da Eurocopa 2016 este venres

Este venres 10 de xuño, dá comezo en París a Eurocopa de Fútbol 2016, torneo europeo que este ano conta cun récord de 24 seleccións de fútbol participantes, as cales loitarán por convertirse na vindeira campioa de Europa e sumar a preciada estrela ao seu currículo.

 

Como antesala ao comezo da competición e como gran evento que é, antes do partido inaugural deste xoves que enfrentará as seleccións de Francia e Romanía, unha decea de artistas pasaran polo escenario que se improvisará no estadio de Champs-de-Mars Entre estes artistas atópase o representante de Francia en Eurovisión 2016, Amir, que co seu tema "J'ai cherché" conseguiu o mellor resultado para o país galo no Festival dende había máis dunha década, un resultado que incrementou a popularidade do cantante no país e que o leva así a formar parte da cerimonia inaugural do gran evento futbolístico.

 

Por ese escenario do estadio parisino, ademais de Amir pasarán tamén David Guetta, Will.I.Am, Madcon ou Zara Larsson, que interpretará unha canción composta especialmente para a competición. Tamén Cristophe Mae, Florent Pagny, Soprano, Silmane, Julian Peretta, Kendji Girać e Louane Emera actuarán na cerimonia que dará o pistoletazo de saída a un mes de fútbol e moita emoción.

 

Aquí en España, a cerimonia inagural da Eurocopa será emitida en directo a partires das 20:55 en Telecinco mentres que en Portugal poderá ser seguida en diferido a partires das 22:55 (hora de Lisboa) pola RTP1.