Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Así cambiarán as votacións de Eurovisión este ano por primeira vez dende 1975

Como estaba previsto, a SVT e a UER anunciaron esta mañá un cambio que modificará un aspecto do Festival dunha maneira nunca vista ata agora no evento. Como xa apuntaban algúns rumores dende hai tempo, a organización do Festival de Eurovisión anunciou esta mañá coa axuda da televisión sueca un cambio relacionado cun dos momentos máis emocionantes da competición: as votacións.

Ata agora, cada un dos portavoces encargados de anunciar os votos procedentes de cada país participante, daba a coñecer a que países se outorgaba de un a doce puntos como ven ocorrendo dende 1975. Isto seguirá igual aínda que cambiará a loxística na que se anunciarán ditas votacións a partires deste ano. 

Estes votos procedentes de cada nación era unha media dos votos procedentes dun xurado nacional e os votos do televoto do público vía SMS ou chamada e máis recentemente mediante a APP oficial. A partir de agora, os portavoces darán a coñecer só os votos dos seus respectivos xurados nacionais e non o do televoto, que será anunciado polos presentadores do festival posteriormente. 

 

Este cambio outorgará unha dose máis de emoción ás votacións debido a que a partir de agora o gañador non se coñecerá ata o último minuto e non como ata agora, que xa se sabía antes de que rematasen as votacións quen levaba o microfono de cristal. 

Segundo os organizadores do evento, entre eles produtores coma Christen Björkman ou o propio Jon Ola Sand ( produtor executivo do Festival) é "unha nova forma de presentar os votos, un paso adiante que permitirá crear un espectáculo mellor e unha competición moito máis emocionante" e engadiron que a decisión tomouse por unanimidade no Grupo de Referencia da UER e levase baraxando esta posibilidade dende o 2012 e realízase para crear "televisión máxica". 

Este sistema xa é empregado anualmente no popular Melodifestivalen sueco, polo que a SVT xa conta coa experiencia para realizar un cambio destas características nun evento seguido o ano pasado por 197 millóns de persoas no mundo e tratándose ademais do cambio máis grande nas votacións dende 1975. 

 

Ademais, Estocolmo volverá facer historia na implantación de cambios no evento, xa que foi en 1975 como foi citado anteriormente, o ano no que se puxo en marcha o sistema do "douze points" tendo lugar tamén na capital sueca