Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Austria aposta polo francés para Eurovisión 2016 con Zoë e "Loin d'ici"

Esta noite tivo lugar en Austria a final do "Wer Singt für Osterreich?", a selección nacional na que se elixiu á representante do país en Eurovisión 2016. E a encargada de viaxar á capital sueca será Zoë coa canción "Loin d'ici" ("Lonxe de aquí"), un tema que íntegramente en francés co que a artista intentará superar o posto obtido polos representantes do país que quedaron no último posto sen ningún punto e convertindo a Austria no primeiro país anfitrión do Festival en obter un 'nul-points'. 

 

Para a elección deste tema, contouse co voto do televoto e un xurado composto por varios artistas e persoalidades relacionadas co mundo da música no país de Mozart, entre eles, a gañadora de Eurovisión 2014, Conchita. Estes xuíces votaron da seguinte maneira:

 

Votación do xurado

1.º Elly - I'll Be Around (Bounce) - 37 puntos (10)
2.º Bella Wagner - Weapons Down - 36 puntos (9) 
3.º LiZZA - Psycho - 32 puntos (8)
4.º Sankil Jones - One More Sound - 28 puntos (7)
4.º Zoë - Loin d'ici - 28 puntos (7)
5.º Vincent Bueno - All We Need Is that Love - 25 puntos (6)
6.º Orry Jackson - Pieces in a Puzzle - 19 puntos (5)
7.º Lia Weller - Runaway - 18 puntos (4)
8.º AzRaH - The One - 16 puntos (3)
9.º Farina Miss & Céline Roscheck - Sky is the Limit - 10 puntos (2)