Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Barei marca tendencia viaxando a Ucraína e comezando así a súa xira promocional

Barei marcará diferenza neste 2016 en canto a abanderados españois no Festival de Eurovisión. A representante de España en Estolcomo está a preparar as maletas e o pasaporte porque xa se prepara para viaxar a Ucraína. Será en Kiev, a capital da república exsoviética onde a artista comece a súa xira promocional por Europa, como declarou en Los 40 Principales, "dende Moscú ata Amsterdam". 

 

Barei actuará así na segunda semifinal da final nacional que ten lugar no país para seleccionar ao representante de Ucraína na súa volta a Eurovisión, unha gala que terá lugar este sábado día 13 de febreiro. Coas palabras "Preparando a maleta...para Ucraína" confirmou Barei a súa asistencia á gala ucraniana vía Twitter, onde tamén puidemos ver unha imaxe da súa maleta na que se atopaban as súas características zapatillas deportivas con tacón e unha especie de traxe con estampado floral coa que parece quesubirá ao escenario da gala ucraniana para facer as delicias e intentar convencer ao público do país do Este

 

A cantante fará así historia nos representantes españois no evento non deportivo máis visto do mundo promocionándose así en Europa, algo que contrasta con anteriores representantes coma Edurne que non acudiu nin sequera ao tradicional "Eurovision in Concert" de Amsterdam.