Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

BERTÍN OSBORNE PRESÉNTASE Á PRESELECCIÓN PARA REPRESENTAR A ESPAÑA EN EUROVISIÓN, INOCENTADA?

Como xa fora anunciado, Televisión Española desvelará ao longo desta semana o nome dos 6 candidatos que loitarán nunha preselección para representar a España en Estocolmo. O primeiro dos candidatos foi anunciado hoxe e trátase nada máis e nada menos que de Bertín Osborne.

Si, entenderon ben. Aos seus 61 anos, o cantante andaluz, acepta a proposta de TVE convertíndose así no candidato máis vello desta selección nacional. Según conta, xa lle ofreceron en varias ocasións representar a España no festival máis importante de Europa, mais non foi ata agora cando o cantante aceptou dita proposta, concretamente e segundo fontes da televisión pública, o pasado Venres. Bertín di amosarse contento deste novo reto e di aceptar a súa candidatura a Eurovisión coma algo "divertido".

No seu programa de éxito en La 1, "En la tuya o en la mía", o presidente do Goberno, Mariano Rajoy xa lle preguntou ao cantante se estaría disposto a representar a España en Eurovisión xa que segundo Rajoy, sería todo un "pelotazo". Nesa ocasión, no programa líder de audiencia, Bertín bromeu ainda que parece que se tomou isto ben en serio.

 

Bertín Osborne presentase a esta candidatura cunha canción en español, unha canción, segundo o cantante, "preciosa" e gravada co seu pianista, que tiña pensado incluir no seu vindeiro disco. Bertín Osborne enfrentarase así a outros cinco candidatos que serán anunciados nos vindeiros días desta semana. Sorte Bertín!

Trátase a noticia dunha inocentada de TVE? Por suposto que si. Feliz día dos Inocentes!