Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

CANTOS PAÍSES PARTICIPARÁN EN EUROVISION 2016?

Onte, 10 de outubro, rematou o prazo proposto pola UER aos países membro para aplicar a documentación necesaria para a participación no Festival de Eurovision 2016.

 

Ata o día de hoxe, 38 países confirmaron a súa asistencia ao evento que terá lugar en Estocolmo, destacando os retornos de Bulgaria e Ucraína e a retirada de Portugal. Por outra banda, as incógnitas nestes momentos atópanse en torno ás participacións de Serbia e Turquía. En canto a Serbia, todo parece indicar que si estará presente en Estocolmo, logo de facelo ver na reunión que tivo lugar en Bulgaria cos países participantes en Eurovision Junior. En canto a Turquía, son moitos os rumores acerca da participación, e non existe confirmación oficial por parte da televisión turca. As dúbidas tamén existen en torno á participación de Croacia e Bosnia, que malia retirar a aplicación necesaria para participar, continuará na busca de fondos para sufragar a participación no evento, no que se retirou en 2013 por problemas económicos. Polo momento, haberá que esperar á lista oficial publicada pola UER.