Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Comezan os primeiros ensaios no Globen Arena cos participantes da primeira semifinal

A nove días de que dea comezo oficialmente o Festival de Eurovisión, durante o día de hoxe sucedéronse os primeiros ensaios de cara a primeira semifinal do vindeiro Martes.

 

A primeira en subir ao escenario do Globen Arena foi Sandhja, representante de Finlandia que segundo os comentarios nas redes sociais non convenceu especialmente e deixou "mal sabor de boca" a algúns, unha sensación que basándose neses comentarios tamén se repetiría con Serhat, representante de San Marino que como lembran decidiu levar ao festival a versión disco da súa "I didn't know", proposta que non rematou de convencer. Tampouco foi quen de agradar demasiado a representante moldava, Lidia Isac que segundo os comentarios non se mostrou con moita actitude e comodidade no palco.

 

Entre medias posicionaríamos o ensaio do grupo Argo, representantes de Grecia que non foron os favoritos pero que sí convenceron en parte e entre outras cousas, co número de danza póntica que acompañará ao grupo durante a súa actuación ao ritmo de "Utopian Land".

 

No outro lado encontraríamos a Armenia e Rusia que convencerían positivamente aos espectadores así coma outros como Hungría, presente tamén nos ensaios. En canto a Armenia, Iveta Mukuchyan convenceu, maioritariamente, pola súa calidade vocal mentres que o ruso Sergey Lazarev convenceu pola escenografía que algúns comparan e califican de "igual" á do gañador de 2015 Måns Zelmerlöw. Tamén convenceron Nina Kraljić e Douwe Bob, representantes croata e holandés respectivamente. 

 

No entanto, mellor será esperar ao grande momento no que os 18 países intentarán conseguir a súa praza na final e desfrutar xa así do festival en esencia. Deica mañá!