Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

COÑECE AOS PRESENTADORES DE EUROVISIÓN 2016!

A televisión sueca SVT informou esta tarde dos nomes dos presentadores do vindeiro festival de Eurovision, que terá lugar en terras suecas o vindeiro mes de maio. Trátase nada máis e nada menos que de dous máis que coñecidos no mundo eurovisivo: Måns Zelmerlöw, gañador do Festival en 2015 e Petra Mede, presentadora do mesmo en 2013, cando o evento tivo lugar na cidade sueca de Malmö trala victoria de Loreen no 2012. 

 

Petra Mede, como dicimos, xa é coñecida logo de presentar as tres galas de Eurovision 2013 e o especial sobre o festival que celebrou a BBC polo 60 aniversario deste, o Eurovision´s Greatest Hits, celebrado este mesmo ano. Petra Mede convenceu positivamente aos espectadores en ámbolos dous programas e promete non defraudar na súa volta ao escenario do evento musical máis importante de Europa.

 

Petra Mede non estará soa no escenario do Globen Arena de Estocolmo, senón que estará acompañada de Måns Zelmerlöw, o representante sueco en Eurovision 2015 e gañador do mesmo, que volta ao escenario do festival co papel de presentador. Måns xa ten experiencia no papel de presentar xa que conduciu unha das galas do Melodifestivalen.