Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Crónica de "Objetivo Eurovisión" (2): "Envidia, impaciencia e nervios"

Boas tardes!

Un día máis achegámosche aos pensamentos dun "eurofán" coa segunda parte da crónica de "Objetivo Eurovisión". Hoxe é domingo e mañá luns. Que ten de especial isto? Pois que se todo vai segundo o previsto en menos de 36 horas estaremos pegadiños ao televisor expectantes a coñecer quen representará a España en Eurovisión 2016. O primeiro que se sinte é envidia, vendo á deusa Loreen chegando a Madrid onde mañá, neses estudos nos que terá lugar o programa, terá a grande oportunidade de votar ao seu aspirante favorito outorgando o 10% da votación final. E iso, sería un soño para calqueira dos grandes afecionados ao Festival. 

 

Por outro lado, síntese impaciencia a que chegue mañá, a que remate o Telediario con Ana Blanco e logo do tempo e os sorteos da lotaría dea comezo ese grande programa de 90 minutos do que salirá o nome do artista que viaxará a Estocolmo en maio e que Toñi Prieto (directora de contidos de TVE) asegurou que será "impresionante".

 

E finalmente os nervios, eses nervios que xa non sabes que facer con eles, uns nervios que seguro esta noite non deixarán durmir moi ben e que pode que dean lugar a estraños soños nos que te atopas presentando o festival ou dando o voto a algún dos aspirantes.

 

Por hoxe, só queda decirlle aos aspirantes que tranquilidade e que durman ben, porque mañá pode que vivan un dos mellores momentos da súa vida. Sorte!