Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Dinamarca confirma a súa participación en Ucraína abrindo o proceso de elección do representante

"Estamos a buscar boas cancións cun estribillo forte, que teña potencial para devolver ao país á final de Eurovisión", con estas palabras a DR, a televisión pública de Dinamarca, anuciou a apertura de recepción de candidaturas para o seu "Dansk Melodi Grand Prix", final nacional coa que se elixe ao representante danés en Eurovisión.

 

Tras dous anos sen conseguir pasar á final, primeiro con Anti Social Media en Viena e Lighthouse X en Estocolmo, a televisión danesa ten agora como obxectivo a volta ás finais eurovisivas tras a súa victoria en 2013 con Emmelie de Forest e o seu noveno posto en Copenhague ao ritmo de Basim. Dentro desta meta, segundo a DR, está que a industria musical formada polas discográficas e artistas, cambie a súa visión das cancións enviadas a Eurovisión para ofrecer así unha proposta innovadora

 

Con Dinamarca, xa son dezanove os países que confirmaron a súa participación en Eurovisión 2017 ou ben manifestaron o seu interese no evento.