Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

ESTA NOITE: Dezaoito países loitarán para convertirse nun dos dez finalistas na primeira semifinal de Eurovisión 2016

Oficialmente, o Festival de Eurovisión arranca esta noite e faino coa súa primeira semifinal, semifinal na que dezaoito países intentarán gañarse ao público para poder asegurar a súa plaza na grande final do sábado. A gala, que comezará previsiblemente coa actuación do gañador en 2015 Mans Zelmerlöw e os seus "Heroes" contará coas actuacións de algúns dos favoritos para gañar o festival como Rusia e Croacia. Desta vez serán as e os telespectadores dos 18 países paricipantes e os de Francia, España e Suecia quen poidan emitir o seu voto para decidir os dez finalistas. Segundo as apostas de pago, Rusia gañaría a semifinal e Estonia e Acerbaixán quedarían fora da final cedendo o seu posto en favor de Bosnia e Hercegovina. O resultado final verémolo esta noite, a partires das 21:00. Seguimos atentos!

  1. Finland – Sandhja – Sing It Away
  2. Greece – Argo – Utopian Land
  3. Moldova – Lidia Isac – Falling Stars
  4. Hungary – Freddie – Pioneer
  5. Croatia – Nina Kraljić – Lighthouse
  6. The Netherlands – Douwe Bob – Slow Down
  7. Armenia – Iveta Mukuchyan – LoveWave
  8. San Marino – Serhat – I Didn’t Know
  9. Russia – Sergey Lazarev – You Are the Only One
  10. Czech Republic – Gabriela Gunčíková – I Stand
  11. Cyprus – Minus One – Alter Ego
  12. Austria – Zoë – Loin d’ici
  13. Estonia – Jüri Pootsmann – Play
  14. Azerbaijan – Samra – Miracle
  15. Montenegro – Highway – The Real Thing
  16. Iceland – Greta Salóme – Hear Them Calling
  17. Bosnia & Herzegovina – Dalal & Deen feat. Ana Rucner & Jala – Ljubav je
  18. Malta – Ira Losco – Walk on Water

Siga o evento en España mediante La 2 de TVE e rtve.es e en Portugal a partires das 22:00 (hora de Lisboa) na RTP1 e en diferido.