Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

EUROVISION JUNIOR EN TWITTER: "CERTAMENTE ESPERAMOS QUE ESPAÑA PARTICIPE EN BULGARIA"

Ante a espera de noticias oficiais acerca da participación de España no Festival de Eurovision Junior 2015, que terá lugar en Bulgaria, e sen contestación vía Twitter por parte de TVE decidimos contactar ca conta oficial do certame infantil na rede social. Este blogue mediante a súa conta: @mundoeurovision redactou un tweet dirixido a @JuniorESCPress, coa seguinte pregunta: Will Spain participate in Bulgaria? (Participará España en Bulgaria). Minutos despois, a conta oficial do certame marcou coma favorito o noso tweet, citouno e contestou: We certainly hope so (Certamente esperamos que sí). Por un problema do site non podemos mostrarlle o tweet neste post, mais poden velo en Twitter: @mundoeurovision. Unha vez máis esperamos que España confirme a sua participación en Sofía. Agora, probaremos sorte preguntando acerca de Portugal.