Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Federico Llano, xefe da delegación española, pide á UER un sistema de votación máis xusto para todos

Tralo inesperado vixésimo segundo posto da representante española, Barei, na final de Eurovisión 2016, as críticas saltaron nas redes sociais pedindo á Televisión Española a destitución de Toñi Prieto e Federico Llano, membros da delegación española para o Festival e ata Electric Nana, aspirante a representar ao país neste ano asegurou que non pecha as portas a ir ao Festival pero que necesita "tempo e non dous meses como se estivo facendo ata agora" poñendo como exemplo a Estonia, que xa ten data para a celebración da súa final nacional. 

 

Tralas críticas, o xefe da delegación Federico Llano, afirma que a proposta española merecía un posto moito máis alto e engade que non se precisan de grandes escenografías como a rusa para gañar. Así mesmo asegurou que o sistema de votación en vigor que posúe o Festival é "moi xusto para o gañador, o top 5 e ata o top 10, pero a partires de ahí xa non serve, porque os votos dos países veciños fan subir uns e baixar outros países" e remata decindo que "dende 2002 o sistema de votos cambiou en varias ocasións, e aínda que a perfección non exista, pódese mellorar e ser máis xusto" pedindo así á UER un cambio.

 

De cara a 2017, Federico Llano non desbota o retorno de Ruth Lorenzo ao Festival pero advirte de que "precisan unha canción" e engade que se buscarán tamén "novos talentos con propostas innovadoras como Barei"