Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

ISLANDIA CONFIRMA A SÚA PARTICIPACIÓN EN ESTOCOLMO

A televisión pública islandesa, a RÚV, acaba de confirmar a súa participación no vindeiro Festival de Eurovisión a celebrar no Globen Arena de Estocolmo. Islandia elixirá ao seu representante en Suecia mediante a súa final nacional, na que se elixiu a Maria Ólafs, a representante do país en Viena. Malia a facer unha moi boa actuación, non conseguiu clasificarse para a gran final, quedando no posto 15 da segunda semifinal con 14 puntos. A televisión dará máis detalles sobre a súa participación nas vindeiras semanas