Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

IVETA MUKUCHYAN REPRESENTARÁ A ARMENIA EN ESTOCOLMO

Na tarde do día de hoxe, 13 de outubro e como fora anunciado hai unhas semanas, a televisión pública de Armenia (ARMTV) desvelou o nome da súa representante, nome do que comezou a especularse trala publicación dun misterioso video onde se vía a sombra da que agora é a representante de Armenia en Eurovision 2016.

Iveta Mukuchyan, a elixida

Trátase de Iveta Mukuchyan, unha artista coñecida no país pola súa participación nun concurso televisivo do país e a posterior aparición en "The Voice of Germany", talent show onde comezou a ser coñecida fora do seu país natal.

“Estou moi feliz, agradecida e é toda un honra para min ser a elexida pola televisión de Armenia para representar ao meu pais en Eurovision 2016. Encántame o festival e é emocionante o reto de representar a Armenia sobre un gran escenario. O voso apoio é moi imporante para min, polo que espero que esteades todos apoiándome nesta viaxe tan importante”, son as palabras da artista que, emocionada, agradece a súa elección coma representante armena.

 

Polo momento haberá que esperar a coñecer a canción coa que Iveta representará ao país en Estocolmo e para a cal compositores e artistas poden enviar as súas propostas á televisión do país antes do 13 de novembro