Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Jamala representará a Ucraína na súa volta a Eurovisión con "1944"

Ucraína xa ten representante na súa volta a Eurovisión logo de retirarse o pasado ano pola situación económica que atravesaba o país. A elexida é Jamala, unha artista que viaxará así a Estocolmo para intentar convencer a Europa coa canción "1944", unha canción cun toque sentimental que será unha homenaxe aos tátaros de Crimea, os seus ancestros que foron expulsados do territorio ata Asia Central no ano que leva como título o tema musical. 

 

A canción está en inglés e inclúe frases en Tátaro de Crimea, unha lingua variante do turco. A artista impúxose así aos demais candidatos do "Nacionalsij Vibdir" nunha apretada votación co grupo The Hardkiss. 

 

A final nacional tamén destacou por un histórico número de votos para decidir ao representante vía telefónica (382.000), unha cifra nunca vista no país e algo que demostra o crecente interés dos cidadáns de Ucraína no festival de Eurovisión. 

 

Na gala tamén puidemos ver ao representante de Irlanda en Estocolmo, Nicky Birne e Ruslana (gañadora de Eurovision 2004), que formaba parte do xurado.