Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Kiev, Odessa ou Dnipro será a cidade sede de Eurovisión 2017

Cada vez estamos máis preto de coñecer que cidade será a sede do Festival de Eurovisión o vindeiro ano. Logo de que a NTU aceptase acoller o evento en terras de Ucraína, a cadea decidiu ser pioneira e levar a cabo o primeiro debate televisado entre os representantes das seis cidades que presentaron a súa candidatura para acoller o festival.

 

Todas estas cidades presentaron a súa candidatura pero tan só tres foron elixidas por un variado xurado para continuar adiante coa candidatura. Estas cidades foron a capital (Kiev), Odessa e Dnipro, das que só unha delas será elixida o vindeiro 1 de agosto logo do período de reflexión entre a UER e a televisión pública do país.

 

En canto a cada unha das cidades, cabe destacar que Kiev presentou como recinto para albergar Eurovisión o Palacio dos Deportes da cidade, que xa albergou o Festival en 2005 e que conta cunha capacidade de 9.500 persoas. O alcalde da cidade alabou a candidatura debido a infraestructura e a rede de transportes coa que contan.

 

A segunda cidade elixida, Odessa, presentou como recinto o Chronometers Stadium, onde pretenden levar a cabo a celebración do Festival e albergar a sala de prensa. A candidatura da cidade, apoiada por Jamala, foi criticada por non contar con prazas de aloxamento suficientes e pola necesidade de crear un teito no estadio presentado .

 

Por último lugar, Dnipropetrovsk foi elixida tamén para continuar na carreira para sediar o evento. Esta candidatura foi tamén criticada por estar nun lugar preto ao conflicto entre Rusia e Ucraína e por contar cun aeroporto que só opera con vós domésticos, polo que se requeriría unha inxección económica para facelo posible.

 

Durante os vindeiros días, os membros da delegación do país no festival, a NTU e a Unión Europea de Radiodifusión levarán a cabo diferentes discusións e visitarán as cidades para tomar unha decisión, a cal será presentada o 1 de agosto.