Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

LITUANIA CONFIRMA A SÚA PARTICIPACIÓN EN EUROVISION 2016

O canal estatal lituano, a LRT confirmou hoxe a súa participación no vindeiro Festival de Eurovisión 2016, que terá lugar os días 10,12 e 14 de maio do 2016 na capital sueca. Ademais, a LRT confirmou a esctoday.com que empregará un método similar ao empregado no 2015 para elixir ao seu representante no Festival, que ondeará a bandeira lituana no escenario do Globen Arena de Estocolmo. Lituania intentará gañar Eurovision, no que participa dende 1994 e cuxo mellor resultado foi en 2006. O país foi representado no 2015, polo dúo composto por Monika Linkytė & Vaidas Baumila conseguindo o posto número 18 ca canción "This Time"