Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

MÅNS ZELMERLÖW, A UN PASO DE PRESENTAR EUROVISION 2016

Segundo o popular diario sueco Aftonbladet, o gañador de Eurovision 2015, estaría a piques de firmar un contrato coa televisión pública do país nórdico (SVT) para presentar as galas da edición número 61 de Eurovision. O propio Måns, segundo publica dito diario, poñería varias condicións á televisión sueca para presentar o evento, entre elas, ser un dos presentadores principais do festival, sen quedar nun segundo plano como presentador da Green Room ou como invitado especial. O gañador de Eurovision na súa edición número 60 xa ten experiencia no ámbito de presentar eventos televisivos no seu país, tales coma o Melodifestivalen, do que formou parte como presentador nunha ocasión, así coma de outros programas. Ademais, o artista pediría a Sveriges Television formar parte das actuacións que se sucedan no Globen Arena de Estocolmo, interpretando algunhas das cancións do seu repertorio nas semifinais e na grande final do evento. Ata o momento nin o cantante sueco nin a propia televisión sueca fixeron declaracións sobre o tema, polo que haberá que agardar a unha confirmación oficial. Por outra banda, a SVT presentou un orzamento de 60 millóns de coroas suecas (6,365 millóns de euros) para a organización do festival, un orzamento menor ao presentado en anteriores edicións, pero que, segundo directivos da SVT, "non impedirá a realización dun festival de calidade". FONTE: Aftonbladet