Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

MÅNS ZELMERLÖW ALCANZA O NÚMERO 4 NA LISTA DE "LOS 40 PRINCIPALES"

Como cada mañá de sábado, Los 40 principales desvelou as entradas, baixadas e subidas da sua famosa lista composta por 40 cancións de diferentes estilos. O tema gañador de Eurovisión, o "Heroes" do sueco Måns Zelmerlöw entrou na lista hai unhas semanas sendo a entrada máis forte, posicionándose nada mais e nada menos ca no posto 22 de 40 cancións. Logo de seis semanas de fortes subidas, acadou esta semana o posto número 4, só por debaixo dos éxitos de Dasoul (#3), Major Lazer (#2) e Lost Frecuencias, que ocupa o número 1. Chegará o gañador de Eurovisión ao número 1 nas vindeiras semanas? Seguro que non tardará moito. Poden votar por el rexistrándose na seguinte ligazón: http://los40.com/lista40/ Seguirán informados...