Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

MARTA SÁNCHEZ: "NON DESCARTO IR A EUROVISION, CUNHA CANCIÓN MIÑA OU FEITA POR MIN"

Marta Sánchez concedeu esta semana unha entrevista á revista Diez Minutos, onde fala da súa posible candidatura para representar a España nas vindeiras edicións do Festival de Eurovision."Non descarto ir a Eurovision", di a cantante que recoñece que houbo un acercamento con TVE para participar, pero finalmente non se levou a cabo debido a problemas de axenda. A cantante mostra así o seu interese en participar no certame europeo e di que de facelo defendería a súa candidatura a morte. Ademais, sinala que "se o fixera tería que ser cunha canción miña ou feita por min". Este ano, antes de coñecer a elección de Edurne por parte de Televisión Española, era o nome da cantante galega o que soaba con máis forza e o propio José María Íñigo, comentarista do festival na cadea pública declarou que "a representante ideal de España é Marta Sánchez". Neste momento a cantante desempeña o papel de xuíza na edición ecuatoriana do talent show "The Voice".