Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

MÓNICA NARANJO: "EUROVISION É A MAIOR MENTIRA DA TELEVISIÓN "

Señores e señoras, Mónica Naranjo volveu falar e falou do Festival de Eurovision. A cantante, unha das favoritas cada ano para representar a España en Eurovision, sincerouse nunha entrevista concedida a Bluper, tras ser anunciado que formará parte do curado da nova temporada de "Pequeños Gigantes" en Telecinco. Na entrevista afirmou "estar moi contenta con este novo traballo" no que tamen se sincerou dicindo que "os espectadores veranme chorar". Mais tarde, á cantante preguntouselle acerca de Eurovisión, unha plataforma na que sempre é reclamada para representar a España. A isto a nova xuíza de " Pequeños Gigantes" contestou "poden agardar sentados. Eurovision é a maior mentira da television" e engadiu "non entendín o resultado obtido por Edurne. Cando o vin dixenme, Pero que merda é isto?" E é asi como opina a cantante do festival, que este ano foi visto por 200 millóns de persoas en corenta e cinco países. Mónica, sorte nos teus novos proxectos! FONTE: Bluper