Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

O Festival de Eurovisión 2016 obtén unha audiencia global de 204 millóns de espectadores

O Festival de Eurovisión crece cada ano e así o demostran as incríbles cifras que fan públicas a Unión Europea de Radiodifusión, que anuncia que a 61 edición do evento celebrado en Estocolmo acadou unha audiencia global de 204 millóns de espectadores nas 42 televisións participantes, sen sumar a este dato as audiencias obtidas nos países que non formaron parte do evento pero que si o retransmitiron, como é o caso da China.

 

Ademais, o evento acadou neste ano unha cota de pantalla media do 36,3% en 40 das 42 canles de televisión participantes, unha cifra que duplica ao share que acada normalmente na franxa do prime-time os ditos canles. Nestas cifras, tamén destaca o grande seguimento do Festival na franxa de idade comprendida entre os 15 e os 24 anos, franxa de idade xuvenil na que o evento acada a importante cifra do 42,4% de share, catro veces máis do habitual nesas cadeas. 

 

En canto ás subidas e baixadas de audiencia destaca o grande ascenso do seguimento en países con Alemaña, co seu mellor dato dende 2011 e tamén Suecia, mentres que polo outro lado destacan España cunha baixada de nove puntos de cota e Grecia, cunha baixada de máis de vinte. Ademais destaca o fiel seguimento da audiencia islandesa, que malia estaren dous anos fóra da final, fan cun 95,5% de share o país co dato máis alto. 

 

A todos estes datos hai que sumar tamén os 2.600.000 espectadores que optaron por seguir o evento en Eurovision.tv e YouTube, emisión pola rede emitida a case 200 países.