Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Once artistas continúan esta tarde a súa promoción para Eurovisión na 'Pre-party' en Moscú

Trala "Eurovision Pre-party" celebrada onte en Riga con críticas dos espectadores á mala realización e son do evento, os eventos previos ao Festival continúan e esta tarde a capital rusa, Moscú, acolle a súa "prefesta" eurovisiva con Sergey Lazarev, o seu representante en Estocolmo, como o cabeza de lista do evento. Ao cantante ruso acompañarano outras dez estrelas eurovisivas que continúan a súa xira promocional polo continente e máis aló a un mes de que Eurovisión 2016 arranque na capital sueca. A festa está organizada por varios medios relacionados co festival e tamén, en parte, pola televisión pública rusa. Malia a iso, o evento, que estará presentado polo comentarista ruso do festival Dmitry Guberniyev, non poderá ser seguido en directo via Internet. Os artistas que participarán nesta festa celebrada 37 días antes da primeira semifinal de Eurovisión 2016, son os seguintes:

  • Armenia – Iveta Mukuchyan
  • Azerbaijan – Samra
  • Cyprus – Minus One
  • Belarus – IVAN
  • Israel – Hovi Star
  • Macedonia – Kaliopi
  • Malta – Ira Losco
  • Moldova – Lidia Isac
  • Russia – Sergey Lazarev
  • Spain – Barei
  • Switzerland – Rykka

Nun primeiro momento estaba prevista a participación no evento de Eneda Tarifa, representante de Albania, e Serhat, o seu homólogo de San Marino que máis tarde cancelaron a súa actuación na capital rusa.