Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Os ensaios continuan en Eurovisión 2016 con Barei, Amir e moitos máis

Moitos eurofans xa comezan a contar as horas que quedan para o vindeiro martes ás 21:00, cando comezará oficialmente o Festival de Eurovisión 2016 coa súa primeira semifinal, semifinal cuxos participantes subiron xa ao escenario do Globen Arena de Estocolmo para ultimar os detalles de cara á actuación coa que intentarán convencer ao público europeo.

Onte, quinta xornada de ensaios, a prensa internacional deu a coñecer as súas preferencias como cada día de ensaios e posicionaron como os seus favoritos a Ucraína e Bulgaria que convenceron tamén ao público alí presente, público e prensa que puxeron a Albania á cola da súa clasificación.

Hoxe, venres, algúns dos países participantes na primeira semifinal volveron subir ao escenario do Globen como Bosnia e Hercegovina ou Islandia. Este último atravesou varios problemas relacionados coa escenografía preparada pola SVT, escenografía que non convenceu á representante do país Greta Salóme, que decidiu manter o fondo empregado na final nacional.

No turno de tarde, os ensaios máis esperados eran os de Francia e España, clasificados automáticamente para a final. O representante galo, Amir, convenceu cunha posta en escena minimalista e a española Barei fixo o mesmo cunha actuación que misturou baile, coros e unha sorpresa que deixou sen luz o escenario.

 

Como xa saben, en catro días, millóns de persoas estarán pendentes do que ocorra no primeiro espectáculo de Eurovisión 2016 e contarémosllo aquí, en galego, en mundoEurovision.