Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Os traballadores da SVT convocan unha folga que pode chegar a afectar a Eurovisión

Unha ampliación de salario e mellores condicións de cara a xubilación. Ese é o motivo polo que ata 10.000 traballadores da televisión pública sueca (SVT) están convocados a unha folga a partires do 18 de abril, folga que se se prolonga no tempo podería afectar ao desenvolvemento do Festival de Eurovisión a menos dun mes do seu comezo, mes clave para a realización do evento debido á construcción do escenario e a preparación dos recintos que acollerán o EuroClub e o EuroBar así como outros puntos clave da celebración eurovisiva na capital sueca.

 

En declaracións ao xornal sueco Aftonbladet, Hélène Sahlin, directora de Recursos Humanos da SVT mostrase optimista pero anuncia que a folga afectará en gran parte á programación das canles públicas suecas e afirma "estar traballando para evitar problemas ao público". Malia a iso, "hai un risco que non pode ser excluído" e que pode afectar ao Festival, engade a directiva do canle.

 

Isto e a participación na folga de ata 50 traballadores que forman parte da organización de Eurovisión 2016, entre os que se atopan cámaras, realizadores e outras e outros profesionais, podería retrasar os traballos previos á celebración do evento aínda que dende o ente público sueco confían en "poder ofrecer o mellor espectáculo"