Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Diversas persoalidades e senadores rusos apelan ao boicot de Eurovisión 2017 trala victoria de Ucraína

Este Festival de Eurovisión 2016 que recén acaba de rematar semella convertirse nun dos máis polémicos da historia e todo trala victoria onte no Globen Arena de Jamala, a representante ucraniana, que coa súa canción "1944" retrataba a historia da súa avoa e os centos de tártaros de Crimea que foron deportados a Asia Central por Stalin.

 

Tal e como se esperaba, a victoria da cantante foi hoxe fortemente criticada en Rusia, país que xa pedira a retirada da canción por conter consignas políticas, algo que non foi ratificado pola UER, que permitiu a participación da cantante no evento, unha participación que semella sairá cara para o prestixio do festival, ao que moitos atacan por facer dunha vez por todas e oficialmente visible a presenza de política no evento.

 

No país máis grande do mundo, varias persoalidades apelaron ao boicot do que xa califican de "Politvision" o ano que ven e rexeitan a victoria ucraniana como "política" en contra do candidato ruso Sergey Lazarev, que si dou a noraboa a Jamala. Por outro lado, o senador Frantz Klintservich afirma que non foi "Jamala e Ucrania quen gañou o festival, senón que a política gañou á arte". Por se isto non fose pouco, o presidente do comité dos negocios rusos asegurou que a "xeopolítica" gañou e que esta victoria dara "ás aos dirixentes ucranianos aínda que Ucraína coa victoria do evento acaba perdendo" retrocedendo nos procesos de paz coa Federación Rusa e engade que "Ucraína perdeu o que quería: a paz, e acabou gañando a guerra".

 

No lado positivo, o presidente ucraniano asegurou que "a canción e a actuación foron incríbles. Toda Ucraína diche grazas!". Jamala acabou asegurando onte na conferencia de prensa posterior ao evento que "esta canción era mellor que non existise".