Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Primeiros datos das audiencias do Festival de Eurovisión 2016

Un día despois do Festival de Eurovisión, a organización comeza a recopilar os datos das audiencias que rexistrou o evento ao redor do mundo e que puido reunir a máis de 200 millóns de espectadores. Aínda que este dato global non se coñecerá ata dentro duns días, xa coñecemos os datos que se rexistraron nalgúns países.

 

En España, a emisión do Festival de Eurovisión en La 1 de TVE reuniu diante do televisor a case 4,3 millóns de persoas, o que se traduce nunha cota de pantalla do 29,8%, a máis baixa dende 2007, cando o país estivo representado por DNash. Esta baixada dos audímetros deberíase a pouca popularidade de Barei no país, artista que se dou por primeira vez a coñecer nesta aventura eurovisiva.

 

En Francia, ocorreu todo o contrario. No país galo, o evento congregou a 6,4 millóns de telespectadores cun incremento de 477.000 espectadores respecto a 2015 e unha diferenza de tan só 77.000 persoas coa emisión da final de "The Voice", algo inédito e que demostrano crecente interese dos franceses no Festival, que grazas a Amir, obtiveron a mellor posición en 14 anos.

 

Máis ao norte, en Alemaña, o Festival rexistrou o maior dato dende 2011 con 9,3 millóns de espectadores que volveron ver como o seu país quedaba no último lugar por segundo ano consecutivo.

 

Volvendo ao sur, en Italia, a emisión do evento rexistrou unha audiencia maior á pasada edición con 3,3 millóns de espectadores e un share do 16,9%. Dato contrastante co rexistrado nos Países Baixos, no que 4,2 millóns de espectadores seguiron o evento, o que se traduce nun impresionante 66% de cota.

 

En Reino Unido, 7,2 millóns de persoas seguiron o Festival, 600.000 persoas máis que a pasada edición. No país veciño, Portugal e malia non participar no evento, este foi seguido por 505.000 espectadores cun lixeiro ascenso respecto a 2015, edición en que si participaron.