Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

QUEN É O ARTISTA IDEAL PARA REPRESENTAR A ESPAÑA EN ESTOCOLMO?

A oito meses de que se celebre o Festival de Eurovision 2016, o portal web eurovisionspain.com realizou coma cada ano unha sondaxe denominada La Elección Interna na que os seus socios e un xurado profesional elixiron cal é o artista ideal para representar a España en Estocolmo.

Pablo López, o máis votado

Segundo esta enquisa o ideal sería que Pablo López representase ao país na 61 edición do evento. O artsita nado en Málaga é un cantante e compositor, coñecido pola súa participación no talent show Operación Triunfo en 2008 con grande éxito en España, que representou o inicio da carreira artística de cantantes coma Rosa López ou Edurne, representantes anteriores do país en Eurovision. Ademais, Pablo López foi nominado aos Grammy Latinos como  "Mellor novo artista" e conseguiu o número 1 das listas españolas coa canción "El mundo", que pode ver deseguido. No segundo e terceiro posto da enquisa atópanse Xuso Jones, que xa manifestou a súa intención de participar e Álvaro Soler, que triunfa coa canción "Bajo el mismo sol" xunto a Jennifer López. Máis abaixo atópanse artistas coma Ruth Lorenzo (Eurovision 2014) e Edurne (Viena 2015).