Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Riga acolle esta noite a 'Eurovision Pre-party' con dez estrelas de Eurovisión 2016

Dende hoxe son só 38 os días que restan para que comence o evento máis esperado do ano para todos nós: o Festival de Eurovisión. E pouco máis dun mes antes de que os 43 representantes actúen sobre o escenario do Globen Arena de Estocolmo, a capital de Letonia, Riga, acolle esta noite un dos eventos festivos anteriores ao festival: o "Eurovision Pre-party" ao máis puro estilo sueco segundo a organización do evento. Os dez artistas participantes, mostrados deseguido, avanzaron esta mañá nunha rolda de prensa o seu entusiasmo por transmitir a mensaxe das súas cancións a toda Europa e expresaron o seu agradecemento por estaren presentes no evento. Os dez participantes que actuará esta tarde-noite en Riga son os seguintes:

  • Belarus – Ivan
  • Bulgaria – Poli Genova
  • Estonia – Jüri Pootsmann
  • Israel – Hovi Star
  • Latvia – Justs
  • Malta – Ira Losco
  • Serbia – Sanja Vučić ZAA
  • Spain – Barei
  • Switzerland – Rykka

Esta é a terceira edición deste evento organizado pola OGAE letona e para a cal aínda se poden conseguir entradas cun custo de 12€. O inicio esta previsto para as 20:00h CET.