Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Romanía, descalificada de Eurovisión 2016 pola UER debido á débeda contraída pola TVR

Ovidiu Anton e toda a delegación romanesa non pisará Estocolmo nin o escenario do Festival de Eurovisión. Os peores presaxios cumplíronse e a Unión Europea de Radiodifusión anunciou esta mañá a descalificación do país de Eurovisión 2016 debido á debeda de 14,5 millóns de euros que a televisión pública romanesa (TVR) tiña contraída coa UER, débeda para a cal o ente público pediu axuda ao Estado aínda que finalmente esta non chegou. 

 

A televisión pública do país tiña este Mércores 20 de Abril como data límite para pagar a débeda, logo de que a UER aceptase que se dese opción ao goberno do país a contar cuns días para que puideran obter o diñeiro necesario. Esta situación e a non devolución da débeda levaron á Unión Europea de Radiotransmisión a impedir a participación do país en Estocolmo e tamén deixar de dar opción ás canles públicas de emitir contido procedente da rede europea, estando incluindo neste asunto a sinal por satélite do Festival de Eurovisión que a TVR non poderá emitir.

 

Ingrid Deltenre, directora xeral da UER afirma que "foron forzados a tomar esa decisión" sentíndose, engade, "decepcionados por que o seu intento de que a débeda fose resulta non obtivese resposta por parte do Goberno romanés.

 

Como consecuencia disto, Ovidiu Anton que sería o responsable de representar ao seu país en Estocolmo, non terá a oportunidade de actuar no escenario do Globen Arena coa súa canción " Moment of silence", situación á que de momento o artista non se pronunciou mentres que hai días afirmou que esperaba que a situación se resolvese e que os artistas non deberían verse envoltos nesas cuestións. A organización da SVT retirará así a Romanía da segunda semifinal do evento programada para o vindeiro 12 de maio aínda que a canción de Ovidiu continuará dispoñible nas plataformas de streaming e tamén no CD oficial do evento. Varios artistas como a española Barei manifestaron o apoio a Ovidiu Anton destacando o seu esforzo que agora se ve truncado por razóns só económicas.

 

Deste modo, finalmente serán 42 os países participantes no evento dos días 10,12 e 14 de Maio en Estocolmo. Agora a pregunta é: Cal será o futuro de Romanía en Eurovisión?