Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

RUTH LORENZO, ABRAIADA POLO APOIO RECIBIDO PARA REPRESENTAR A ESPAÑA EN ESTOCOLMO

A cantante murciana Ruth Lorenzo, que representou a España en Eurovision 2014 está nestes momentos inmersa na súa participación no programa "Tu cara me suena" de Antena 3, programa no que está a recibir moi boas críticas logo das súas actuacións imitando a artistas da talla de Lady Gaga ou Montserrat Caballé.

#RuthLorenzoAEurovisión

 Pero non só iso, xa que a cantante sigue sendo noticia no mundo eurovisivo. Nas últimas horas, tras coñecer o resultado da sondaxe realizada polo portal eurovisionspain.com na que se detalla cal sería o representante ideal de España no Globen Arena de Estocolmo, o hashtag #RuthLorenzoAEurovisión posicionouse como a tendencia máis importante do momento, convertíndose en trending topic. Moitos dos usuarios da rede social Twitter expresaron así o seu desexo de ver a Ruth Lorenzo volvendo a representar a España en Eurovision. 

Logo destas reaccións, a cantante amosouse abraiada nun tweet con catro coñecidos emoticonos e quixo agradecer todo o apoio recibido.

"Tu cara me suena", a súa xira e... a volta a Eurovision?

A cantante agarda ahora a que mañá, 13 de outubro, sexa publicado o videoclip do seu novo single, "99", do que publicou un pequeno avance nunha rede social, mentres continúa coas súas impresionantes actuacións no programa de Antena 3. Volverá Ruth a Eurovision?