Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Semifinal 2: Xeorxia da a sorpresa clasificándose nunha gala na que se "musicalizou" a historia do festival

Dezaoito novos países competiron na noite do xoves por convertirse nun dos dez finalistas que se suman así aos outros dez elixidos na primeira semifinal do martes. A gala comezou con unha especie de musical, no que os presentadores do evento, Petra Mede e Måns Zelmerlöw repasaron os sesenta e un anos de historia do evento cunha actuación ben divertida. Tras este inicio, Letonia foi o primeiro país en actuar e en asombrar co seu representante Justs que interpretou o tema "Heartbeat" composto pola súa predecesora Aminata acompañado por unha escenografía un tanto asombrosa.

Durante a noite, máis reñida que a primeira semifinal, puidemos desfrutar das actuacións de países como Australia e Ucraína que xa se posicionan como as favoritas para a victoria xunto con Francia, Armenia e Rusia. Outros como a ARI Macedonia non lograron asegurarse o pase á final con Kaliopi que repite no evento tras representar ao país en 1997 e 2012 conseguindo o 14º posto. Tampouco conseguiu pasar á final o representante de Irlanda, o ex-membro da banda de pop dos 90 Westlife, Nicky Birne, que coa súa canción "Sunlight" deixou ao país fora da final por terceiro ano consecutivo. En canto aos "eurodramas" da noite destacaron a clasificación de Xeorxia e Noruega, que non conseguiu pasar á final coa súa canción "Icebreaker".

Os dez finalistas foron os seguintes:

  • Australia (Dami Im, “Sound of Silence”)
  • Belgium (Laura Tosoro, “What’s the Pressure”)
  • Bulgaria (Poli Genova, “If Love Was a Crime”)
  • Georgia (Nika Kochorov & Young Georgian Lolitaz, “Midnight Gold”)
  • Israel (Hovi Star, “Made of Stars”)
  • Latvia (Justs, “Heartbeat”)
  • Lithuania (Donny Montell, “I’ve Been Waiting For This Night”)
  • Poland (Michał Szpak, “Colour of Your Life”)
  • Serbia (ZAA Sanja Vučić, “Goodbye [Shelter]”)
  • Ukraine (Jamala, “1944”)