Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

SERGEY LAZAREV REPRESENTARÁ A RUSIA EN ESTOCOLMO

Sen previo aviso, a televisión pública rusa anunciou onte, durante a gala de entrega dos premios máis importantes do país a nivel musical, o nome do seu representante no Festival de Eurovision 2016. Trátase de Sergey Lazarev, un dos artistas máis coñecidos do país ao que se lle entregou o premio de "Cantante do ano en Rusia". Durante a recollida do premio e o anuncio oficial da súa participación en Estocolmo, o cantante mostrouse "moi contento e con moita honra de representar a Rusia no festival" e engade "que fará todo o posible para representar ao seu país da maneira máis profesional". Ademais, revelouse que a canción que interpretará sobre o escenario do Globen Arena de Estocolmo xa está lista e será anunciada en breve. Rusia volve así apostar por un recoñecido nome como representante no evento musical, trala participación de Polina Gagarina, que quedou en segundo posto coa maior puntuación da historia do país no festival: 303 puntos.