Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

UCRAÍNA PARTICIPARÁ EN EUROVISIÓN JUNIOR 2015

A NTU, televisión pública ucraniana oficializou hoxe a sua participación no vindeiro Festival de Eurovisión Junior, que se celebrará o 21 de Novembro en Bulgaria. Con Ucraína, son 12 os países que xa confirmaron a sua participación, co retorno de Albania e a retirada de Suecia e Chipre. Estes son os países, ata o momento, que pisarán o escenario do Arena Armeec de Sofía: Albania, Armenia, Bulgaria, Eslovenia, Xeorxia, o debut de Irlanda, Italia, Malta, Montenegro, os Países Baixos e Ucraína, que elixirá ao seu representante mediante un concurso nacional.