Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Universal Music convírtese na discográfica de Barei na súa carreira de Eurovisión 2016

Barei, a representante de España en Eurovisión 2016 xa conta cunha discográfica coa que continuar o seu camiño ata Estocolmo. Barei presentouse dende principio a preselección de Televisión Española sen unha discográfica que apoiase a súa canción, algo que destacou sobre os outros aspirantes. 

 

A cantante desvelou que días antes de "Objetivo Eurovisión" xa tiña varias ofertas sobre a mesa, entre as que se atopaban Sony Music e Universal Music. Finalmente, a cantante decantouse pola segunda delas, ainda que destacou que a decisión "non foi sinxela". Universal Music acompañará así a Barei na súa carreira a Estocolmo, axudando en temas tan importantes coma a posta en escena ou a escenografía e correrá así cos gastos que supoñan estes traballos, debido a que RTVE só se fai cargo dos gastos que teñen lugar no xusto momento do Festival, entre o 10 e o 14 de maio. 

 

Esta será a primeira vez dende 2009 que Universal Music acompañe a un representante español no evento non deportivo máis seguido do mundo, sendo a discográfica de Soraya Arnelas en Moscú.