Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

Vitali Klitschkó, alcalde de Kiev: "Os preparativos para a celebración de Eurovisión 2017 xa comezaron"

Tan só pasaron dous días dende o Festival de Eurovisión 2015 celebrado en Estocolmo e moitos xa pensan en como e onde será a 62 edición do evento. Trala victoria de Jamala e Ucraína, no país xa se comezan a barallar diversas posibilidades de cara a Eurovisión 2017. Así o confirmou Vitali Klitschkó, alcalde de Kiev, que asegurou que xa comezou a ter conversacións para prover aos visitantes unhas infraestruturas, hoteis e seguridade decente de cara á celebración do evento. O alcalde da cidade que xa acolleu o Festival en 2015, aproveitou para dar a súa noraboa a Jamala e para propoñer o estadio Olympiysky, cunha capacidade para 70.000 persoas, como recinto sede do concurso europeo, engadindo:

Estou moi orgulloso do meu país e moi agradecido a Jamala pola súa victoria, que é moi importante. Kiev será de novo a sede de Eurovisión e faremos todo o necesario para sediar a competición co máximo nivel. Xa comezamos a preparalo.

Segundo a prensa ucraniana, só Odessa e Kiev manifestaron, ata o momento, as súas intencións de acoller o Festival de 2017.