Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

VOLVERÁ ESPAÑA A EUROVISION JUNIOR?

Hai unhas semanas, varios portais especializados en televisión facianse eco da posibilidade dun retorno por parte de TVE ao certame infantil, e que a cadea pública estaba a traballar no retorno do país a Eurovisión Junior este ano, que se celebrará en Bulgaria. Malia a iso, pasaron as semanas e continua sen haber novidades ao respeto nin confirmación oficial por parte de Televisión Española. España gañou o festival infantil por primeira vez no ano 2004 coa canción "Antes muerta que sencilla" de María Isabel e a súa peor clasificación foi un cuarto posto. RTVE retirouse do festival dicindo que "non compartían os estereotipos que creaba o festival". En cambio, La 1 de TVE ten na súa programación programas coma o talent culinario "Masterchef Junior", nos que os nenos e nenas son os principais protagonistas. Ademais, Diego Domínguez, un dos representantes de España no Festival declarou a formulatv.com que "España debería volver ao Eurojunior. Eu vivino coma un hobby e en ningún momento foi unha explotación". Agardamos que TVE confirme si participará ou non en Bulgaria. Seguirán informados...

IMAXE: EUROVISIONJUNIOR.TV