Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

#WeWantPortugalinEurovision2016

Logo do triste comunicado emitido onte ao serán pola RTP, a televisión pública portuguesa, anunciando que non estará presente en Eurovisión 2016, foron diversas as reaccións ante a decepcionante noticia. Unha das reaccións máis destacadas e a creación dun hashtag pedindo a participación de Portugal no evento (#WeWantPortugalinEurovision2016).

Ademais os nosos compañeiros de ESC PORTUGAL recollen o pouco interese do ente público no evento europeo, ente que promete a súa participación en 2017. As opinións sobre a NON participación do país no festival espertaron de novo as críticas á RTP pola mala xestión da participación lusa no evento e o pouco interese dos directivos do canle, que reiteran a saída do festival como "necesaria para a creación de novos contidos na programación da televisión pública".

Dende mundoeurovision, queremos manifestar o noso apoio aos miles de eurofans portugueses que confiaban na participación do seu país natal na 61 edición do evento musical máis importante de Europa e o noso rexeitamento ás políticas da RTP. #WeWantPortugalinEurovision2016 #PortugalSempre