Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

mundoEurovision

EUROVISIÓN, TAMÉN EN GALEGO! @mundoeurovision

XEORXIA APOSTA POLO INDIE ALTERNATIVO NA SÚA CARREIRA A EUROVISIÓN 2016

A televisión pública de Xeorxia (GBP) confirmou esta mañá o nome dos seus representantes en Eurovisión 2016. Os encargados de levar as cores do país no escenario do Globen Arena de Estocolmo son Nika Kocharov e Young Georgian Lolitas, dous artistas que conforman a primeira banda só formada por membros masculinos que representarán ao país caucásico no festival.

 

Xeorxia aposta deste xeito por unha banda de indie alternativo que amenizará ao público europeo cunha canción cuxa elección terá lugar mediante un concurso público no que os interesados deberán presentar unha canción "cunha estrutura melódica de indie alternativo con un toque electrónico e orientada á música disco". Pese ao éxito da representante xeorxiana Nina Sublatti en Viena, a GBP decidiu elixir aos seus representantes internamente.